Lidia Senra, probábel candidata de ANOVA ás europeas

Xosé Manuel Beiras confirmou que a ex-líder do Sindicato Labrego Galego é a proposta da Coordinadora do partido para os comicios desta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2014 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A galega Lidia Senra é a proposta da Coordinadora de ANOVA para ser cabeza de cartel nas eleccións europeas, segundo confirmou hoxe o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tras as noticias aparecidas en varios medios. Agora, será a militancia quen votará a aceptación ou o rexeitamento desta candidatura mediante un método que aínda está por determinar. O voceiro nacional destacou que Senra non é parte da dirección de ANOVA e "representa a loita obreira".

Lidia Senra nunha imaxe do SLG
Lidia Senra nunha imaxe do SLG

Senrá ocupará con toda probabilidade o posto número cinco da candidatura que ANOVA compartirá canda Izquierda Unida e outras forzas como ICV ou a Chunta . Izquierda Unida escolleu a Willy Meyer para encabezar esta lista.

A activista é escollida por ANOVA, pero a súa selección obtivo luz verde tanto de IU como de Ecosocialistas, segundo informa El Correo. Nacida en Pobra do Brollón (Lugo) en 1958, Senra foi a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego (SLG) durante case 20 anos, a central agraria máis importante no nacionalismo.

Con todo, a falta de entendemento do grupo liderado por Senra e a UPG dentro do SLG desenvocou na división da central e no nacemento da Federación Rural Galega (FRUGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

28 bautista do unto

Por que non se preocupan os trolls da UPG-CIG de denunciar as políticas do Partido Podre en troques de estar insultando a Beiras e a AGE?. Parecelles mal que Lidia Senra vaia ser eurodeputada, no caso que sexa elixida por Anova?.

1 Aculpaedobenegá

Por que en 9 de cada 10 discursos de discursos e mensaxes públicas de dirixentes de Anova (incluído Beiras), aparecen mencionando o BNG? Van para 2 anos e xa caen pesados.

27 G.C.

Varios comentarios foron eliminados por conter insultos. Os autores non poderán comentar máis no GC. En GC pódese criticar calquera asunto, pero sempre con educación.

26 undaqui

Alégrome por ela. Sempre lle tiven aprecio ao SLG polo que representou para unha galiza rural que tentaba revelanrse e ter voz propia. Con ela coma deputada agora debemos centrar esforzos en ter outr@ deputad@ galego en europa, ben do BNG ou de CXG. É o lóxico, non é??

25 Poder asembleario

Esta nova vai contra Anova e é, novamente, unha intoxicación da UPG. O candidato/a ás europeas vai sair dunha asembléia na que Beiras será un voto máis. Ou non?

1 Homeópata

24 Homeópata

Eu quero que nos conte as científicas teorías de como non se debe vacinar os nenos e como hai que enterrar cousas raras nas vides para que crezan lustrosas. Supoño que a ponte aérea a Bruselas faraa nunha aeronave espacial de Raticulín.

1 Labrego galego

Vaia,agora os da UPG sodes fans de Monsanto e do Agrobusiness.Sodes uns calumniadores. Quen queira que faga agricultura biolóxica. Vos seguides no productivismo dos anos 70.

2 Homeópata

Que terá que ver con Monsanto a necesidade de vacinar os nenos? Iso sen mencionar outras teorías homeopáticas esotéricas. Como lin nalgunha parte, todo o mundo merece respeito, incluídos os médicos, científicos, biólogos... que salvan vidas e nos fixeron superar a superstición e misticismo medieval.

3 Sr_J

Homeópata, o que dis sobre o pensamento de Lidia Senra, se é certo, parece-me preocupante... tenho lido algum comentário mais ao respecto, mas nom atopei nengumha notícia nem nada que confirme que essa é a postura de Lidia Senra. Poderias aportar algumha ligaçom? Obrigado