Lidia Senra, probábel candidata de ANOVA ás europeas

Xosé Manuel Beiras confirmou que a ex-líder do Sindicato Labrego Galego é a proposta da Coordinadora do partido para os comicios desta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2014 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A galega Lidia Senra é a proposta da Coordinadora de ANOVA para ser cabeza de cartel nas eleccións europeas, segundo confirmou hoxe o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tras as noticias aparecidas en varios medios. Agora, será a militancia quen votará a aceptación ou o rexeitamento desta candidatura mediante un método que aínda está por determinar. O voceiro nacional destacou que Senra non é parte da dirección de ANOVA e "representa a loita obreira".

Lidia Senra nunha imaxe do SLG
Lidia Senra nunha imaxe do SLG

Senrá ocupará con toda probabilidade o posto número cinco da candidatura que ANOVA compartirá canda Izquierda Unida e outras forzas como ICV ou a Chunta . Izquierda Unida escolleu a Willy Meyer para encabezar esta lista.

A activista é escollida por ANOVA, pero a súa selección obtivo luz verde tanto de IU como de Ecosocialistas, segundo informa El Correo. Nacida en Pobra do Brollón (Lugo) en 1958, Senra foi a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego (SLG) durante case 20 anos, a central agraria máis importante no nacionalismo.

Con todo, a falta de entendemento do grupo liderado por Senra e a UPG dentro do SLG desenvocou na división da central e no nacemento da Federación Rural Galega (FRUGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

23 Conanova

Outro golazo de Beiras á UPG. Este vello está que se sal. Resultado das europeas: ANOVA 1 - BNGUPG 0.

1 Poder Obreiro

Conan o Bárbaro, se supón que GC non viu relación entre o teu nome e o trato machista a Lidia, no entusiasmo que lle produciu a metáfora futebolística contra a UPG. Os labregos non son operarios, eso tiráchelo dun discurso de Cayo Larra, xa que en Andalucía, Estremadura e La Mancha si hai obreiros no campo.

22 AGE por Galiza

Se alguén quere saber de verdade quen é Lidia Senra, pode ler o libro LIDIA SENRA RODRIGUEZ: A HISTORIA DUN LIDERADO ENTRAÑABLE de TAREIXA LEDO REGAL , LAIOVENTO, 2010, ISBN 9788484871910. Así non terá que soportar as intoxicacións de aprendices de bruxos tipo Goebbels, que día sí e día tamén se adican a calumniar ós que non pensan como eles.

1 Vendo libro

Si nese libro se detallan polo miúdo os despidos improcedentes de sectarios que foron eles os culpables dos seus despidos por non pensar como ela non a despedidora que calumniadores. Comprade o Libro comprade o libro barato barato

21 Vai pagar moito

Xa lle explicaron que so poderá cobrar 1.200 euros e tera que entregar os outros 4.000 a "proxectos" como fan os demais de Lanueva Martiño ou Beiras JAJAJAJAJA

20 Purgas soio as miñas

Fixo un bo traballo destruíndo o SLG ao impedir o "control" da malvada -como non- upegá que por sectarismo se negaba a entregarse na COAG. Non tivo mais remedio que despedir improcedentemente a moitos privalos do seu posto de traballo pero o fixo por un ben superior como afundir o sindicato. Despois marcharon case todos os militantes pero tamen serian setarios. Viva Lidia Purgas digo Lidia Senra sempre contra o control (dos demais)

1 entruido

Os despedimentos nom forom improcedentes, forom nulos e foi preciso indemnizar, com os nossos impostos, os trabalhadores assim expulsados por discordarem da opiniom da Lídia. Agora o SLG sobrevive abduzido pola COAG.

19 Espanha monolingue

Mais um deputado galego monolingue na Europa... Bom, sempre poderá falar em espanhol com os do PP madrileno... Um deputado europeu é também um embaixador da Galiza e deveria falar, como mínimo as três línguas de trabalho da UE, inglês, francês e alemão. Felizmente, existe uma candidata nacionalista galega que fala essas língua e tem contrastada experiência. Para além de que também fala galego nas suas intervenções no Parlamento.

1 Proletario

Ti es un snob clasista.Un pequenoburgués lonxe da clase obreira galega.Deberías saber que no Parlamento Europeo hai un servizo de interpretación.

2 Snobista classista

Sei. Então para as suas intervenções no parlamento não teria problema, poderia falar em espanhol como o resto dos deputados de Izquierda Unida. Mas seria muito mais útil para a Galiza se pudesse comunicar-se nalguma das línguas de trabalho da UE, como faz e fará a nossa embaixadora em Bruxelas, Ana Miranda. A isto eu chamo-lhe realismo, outros snobismo classista pequeno-burguês...

3 belle de jour

Ben dito proletario, é un snob e para cadeiras Beiras. Deixemos as fanfarronadas académicas para o que marchou das listas de Anova en Ourense a inventar a roda de afiar. O tema de Ana Miranda é moito doloroso para o noso amado líder e os seus.Como ca querra, non hai que abrir feridas.