Lidia Senra, probábel candidata de ANOVA ás europeas

Xosé Manuel Beiras confirmou que a ex-líder do Sindicato Labrego Galego é a proposta da Coordinadora do partido para os comicios desta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2014 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A galega Lidia Senra é a proposta da Coordinadora de ANOVA para ser cabeza de cartel nas eleccións europeas, segundo confirmou hoxe o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tras as noticias aparecidas en varios medios. Agora, será a militancia quen votará a aceptación ou o rexeitamento desta candidatura mediante un método que aínda está por determinar. O voceiro nacional destacou que Senra non é parte da dirección de ANOVA e "representa a loita obreira".

Lidia Senra nunha imaxe do SLG
Lidia Senra nunha imaxe do SLG

Senrá ocupará con toda probabilidade o posto número cinco da candidatura que ANOVA compartirá canda Izquierda Unida e outras forzas como ICV ou a Chunta . Izquierda Unida escolleu a Willy Meyer para encabezar esta lista.

A activista é escollida por ANOVA, pero a súa selección obtivo luz verde tanto de IU como de Ecosocialistas, segundo informa El Correo. Nacida en Pobra do Brollón (Lugo) en 1958, Senra foi a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego (SLG) durante case 20 anos, a central agraria máis importante no nacionalismo.

Con todo, a falta de entendemento do grupo liderado por Senra e a UPG dentro do SLG desenvocou na división da central e no nacemento da Federación Rural Galega (FRUGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

3 Vaia tropa

Así poderá defender os despidos improcedentes que logo houbo que pagar cos cartos do contribuinte. Houbo unha persoa despedida que o foi por estar casada con outra persoa dun sindicato que non era do agrado de Lidia Purgas a "sindicalista" que meteu o SLG no COAG e perdeu toda a afiliacion

1 comunista independentista

Tradución para Non-UPeGallos: A UPyG perdeu o control do SLG, e como non son capaces de militar nalgo que non controlan, marcharon e montaron a FRupGA á súa imaxe e semellanza. Zarzuelas Style.

2 zasnascachas

Anticomunista de que control falas cando faltaban os que traballan os que ti parece que non tes moito aprecio acabou con todo queimou todo os datos me refiro.

2 Falso

Falso. Será a proposta do Beiras e cia, pero non da Coordenadora, e moito menos da militancia, que ainda non expresaron o seu parecer. Beiras debería entender que a democracia participativa é incompatible co ordenoemando que leva sendo consustancial coa súa mais recente práctica política. Xa está ben.

1 Comunista

Rumore, rumore,... abondo para os trolls a soldo liberados polo BnUpG. Veña, a traballar! Que os locais da Poli-CIg teñen tarifa plana de internet pagada por EspaÑÑÑÑÑa.

1 eusi

Moi bo!

2 Xosé

A culpa é do BNG! Xa está ben! Fuxistedes cos cargos e tendes diputados no Parlamento, que máis queredes? Seguide coa vos ruta e deixade en paz aos que seguimos militando no Galeguismo, no Nacionalismo e no BNG! Vos o voso e nos a pelexar polos problemas dos galegos! Abur

3 rulolira1940

Xosé, pero os do BNG non dician que iso do galeguismo era para os de dereitas, que habia que ser nacionalistas e non galeguistas? Ou é que caistedes da burra e dacatástesvos que en Galicia hai máis galeguistas que nacionalistas, ainda que para algúns, como é o meu caso, ou dous termos son semellantes, coincidentes.

4 rulolira1940

Xosé, pero os do BNG non dician que iso do galeguismo era para os de dereitas, que habia que ser nacionalistas e non galeguistas? Ou é que caistedes da burra e dacatástesvos que en Galicia hai máis galeguistas que nacionalistas, ainda que para algúns, como é o meu caso, ou dous termos son semellantes, coincidentes.

5 Ribeiro

A ver ML, deixa o internete e sae algo á rúa home, que vas tolear. E non chega con andar todo o día polos bares e despois ir de comunistilla pola vida... xa cheiras!