Temas: ACCIDENTE 112 061

Un accidente en Pontevedra deixa tres persoas feridas con tres vehículos implicados en Pontevedra

A central de Emerxencias informou ao 061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron ferida nunha colisión múltiple con tres vehículos rexistrada no municipio de Pontevedra. O sinistro produciuse sobre as 14,30 horas, na estrada PO-11. Un dos implicados no choque foi quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e solicitou asistencia médica para unha persoa.

A central de Emerxencias informou ao 061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da cidade.

Finalmente, a patrulla da Garda Civil de Tráfico confirmou tres feridos de carácter leve, unha delas trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios.

Doutra banda, un ciclista tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de sufrir un atropelo no concello de Mos, na Avenida de Galicia. Foi o propio ferido quen chamou ao 112 Galicia pasadas as 15,30 horas para alertar do ocorrido.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Temas: ACCIDENTE 112 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta