"Acordaraste toda a vida!!!", "A culpa é túa", "Mala nai"... Lemas dunha campaña contra a violencia machista

É da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra con motivo do 25 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 08/11/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

“Acordaraste toda a vida!”, “Vaste enterar!”, “A culpa é túa!”, “Mala nai!”… “Vouche dar onde máis doe!”. Casos con fatais consecuencias para os seus fillos e seres queridos, e reivindicar a necesidade de plantarlle cara a violencia machista son os principais obxectivos da campaña impulsada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

Desde este departamento lémbrase que a violencia vicaria é unha das expresións "máis crueis e brutais do terrorismo machista". Concienciar á sociedade sobre este ensañamento e coacción que se exerce contra as mulleres é parte desta campaña plasmada a nivel creativo polo artista Tania Solla.

Asi, a mensaxe visibilizarase graficamente nas rúas da cidade e os centros sociais das parroquias de Pontevedra a partir deste luns, 8 de novembro, a través de mupis e colocación de cartelería, así como do despregue dunha pancarta (lona) no balcón da Casa Consistorial este mércores 10 de novembro ás 10:30 horas. 

O programa da campaña, que foi presentada na Sala de Prensa do Teatro Principal nun acto no que participaron a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco; a directora do CIM, Rosa Campos, e a axente de Igualdade Mercedes Renda, contempla a celebración dun Faladoiro sobre Violencia Vicaria, que terá lugar o venres 26 de novembro ás 19:00 horas na Casa das Campás. Tamén haberá unha lectura do manifesto do Concello no Pleno ordinario deste mes (22 de novembro) e no acto de Violencia Zero organizado pola Deputación Provincial o 25 de novembro, que correrá a cargo da filla dunha vítima de violencia de xénero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta