A Xunta volve pedir ao Goberno os millóns anunciados para financiar o Xacobeo

Rueda confía en contar cun Ano Santo "de 12 meses" en 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, confía en que o 2022 haxa un "Xacobeo pleno de 12 meses" e reclamou ao Goberno central que "concrete" que partidas inclúe nos Orzamentos Xerais do Estado para a celebración do segundo Ano Santo.

Arquivo - O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, comparece no Parlamento. XOÁN CRESPO - Arquivo
Arquivo - O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, comparece no Parlamento. XOÁN CRESPO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Na súa comparecencia este martes no Parlamento de Galicia, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo reivindicou "a importancia que dá" a Xunta a este evento mentres que afeou ao Estado que o plan nacional Xacobeo --dotado con 120 millóns-- "non deixa de ser un anuncio".

Ademais, Rueda sinalou que no proxecto de PGE para 2022 que está en tramitación no Congreso non se ve "absolutamente nada que teña que ver" coa celebración do Ano Santo, senón que a "única certeza" foi "manifestada de palabra". "Nós necesitamos certezas e saber onde está ese diñeiro", agregou.

Tamén se queixou que non teñan "nin un só reflexo" no PGE as partidas destinadas a rehabilitar bens de interese cultural (BIC) dos camiños de Santiago, nin tampouco "nada se sabe dos compromisos do Real Padroado" celebrado na capital galega o pasado 25 de xullo coa presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

"Non teñen a día de hoxe ningún reflexo no PGE. Gustaríanos saber cales son para poder empregalos, non para outra cousa", insistiu, nunha comparecencia na que empregou boa parte do tempo en repasar as cifras turísticas deste 2021, que son datos "para a esperanza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta