O Pazo Provincial de Ourense acollerá o balneario 'Auria' antes do 2027

O proxecto recibe o nome en homenaxe ao autor Eduardo Blanco Amor.

Por E.P. | Ourense | 10/11/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Pazo Provincial de Ourense acolleu a presentación do anteproxecto do que será o Gran Hotel Balneario da cidade, un proxecto ao que o presidente provincial, Manuel Baltar, referiuse como "referente en toda Europa", prometéndoo para antes do 2027.

Manuel Baltar
Manuel Baltar | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE.

"A cidade e toda a provincia presumirá do hotel balneario máis moderno e máis innovador de cantas instalacións existen en Europa, así como do mellor conectado do continente a través da alta velocidade", enxalzou.

Así explicou que recibirá o nome de 'Auria' en homenaxe a Eduardo Blanco Amor e "esa cidade ideal" na que o escritor ambientaba as súas obras.

"Será unha realidade antes do 2027", dixo o presidente provincial explicando que a proposta respectará o actual edificio, sede da Deputación Provincial, construído a finais do século XIX.

Deste xeito o edificio administrativo transformará o seu uso en Hotel Balneario de 5 estrelas na contorna da área comercial e na zona vella da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta