O BNG rexeita a "chantaxe" da UE, que pide atrasar as xubilacións para obter os seus fondos de axuda

Considera que o pacto do Goberno coa UE será "tremendamente prexudicial" para Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O BNG cualificou de "condición leonina" que a Unión Europea e o Goberno central alcanzasen un acordo para vincular a concesión de fondos europeos coa reforma para elevar o período de cómputo da idade de xubilación. Nun comunicado, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, tachou de "inadmisible" que se ligue a distribución de fondos europeos a esta e outras reformas como a implantación de peaxes nas autovías.

"Resulta inadmisible que tamén estes fondos da UE sexan concedidos a cambio de aplicar condicións leoninas que prexudiquen aos galegos e galegas", manifestou Miranda, que censura a "condicionalidade tremendamente prexudicial" para Galicia que contemplan as axudas europeas.

Tras incidir no carácter "leonino" deste tipo de condicións, a representante do Bloque nas institucións europeas interpreta que, no fondo, a Unión Europea pretende que se apliquen "recortes e chantaxes" a cambio da distribución de axudas comunitarias. No caso das pensións, Miranda advertiu do posible impacto do aumento do período de cómputo para o cálculo das prestacións, especialmente entre as persoas de rendas baixas.

"Eses recortes suporían un prexuízo absoluto para as clases populares de Galicia que incidirían na actual crise económica que atravesan moitos fogares, así como na perda de poder adquisitivo e o aumento da pobreza", incidiu.

Ana Miranda (BNG). BNG
Ana Miranda (BNG). BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta