Temas: AEROPORTOS

Os aeroportos galegos triplicaron pasaxeiros en outubro respecto ao ano pasado

Sumaron un total de 374.656 viaxeiros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/11/2021 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos rexistraron un total de 374.656 pasaxeiros en outubro, o que supón tres veces máis que os 126.929 do mesmo mes de outubro, segundo datos de Aena.

Cola de facturación no Aeroporto de Santiago
Cola de facturación no Aeroporto de Santiago | Fonte: Europa Press.

A terminal de Santiago é a que rexistra o maior incremento interanual, un 220% máis, ata os 235.207 viaxeiros. Tamén se incrementan en Vigo (+181%), con 64.914 pasaxeiros; e A Coruña (+145,7%), 74.535 viaxeiros.

No acumulado do ano, entre xaneiro e outubro, Santiago contou con 1.297.782 viaxeiros (+53,2%). A Coruña suma 475.338 pasaxeiros (+21,8%) e Vigo, 435.244 (+63%).

Iso si, na comparativa de datos con 2019, último ano antes da pandemia, a caída de pasaxeiros é considerable nos tres aeroportos: A Coruña (-58,4%), Vigo (-50,2%) e Santiago (-48%).

Temas: AEROPORTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta