A Deputación de Pontevedra iluminarase de vermello polo Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares

Celebrase o día 15 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra iluminarase de vermello entre as 19,00 horas deste luns e as 20,00 horas do martes para conmemorar o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares, que se celebra o 15 de novembro.

A través desta iniciativa, explican nun comunicado, "preténdese dar visibilidade a este conxunto de enfermidades", máis de 150, cuxa principal característica é a perda da forza muscular.

As enfermidades neuromusculares son, maioritariamente, de natureza progresiva e de orixe xenética. Son enfermidades crónicas, moitas delas dexenerativas, que xeran diferentes graos de discapacidade e perda de autonomía persoal e cargas psicosociais. O gran reto que presentan é a escaseza de tratamentos, xa que moitos deles son paliativos e non curativos.

En España existen máis de 60.000 afectados por ENM, englobadas dentro das denominadas enfermidades raras.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Luces e máis luces... Divisa Abel Caballero ! Temos outra enfermidade rara que consisten en vivir do público coma verdadeira marquesa de pazo en pazo : do castelo de Soutomaior ao pazo da Deputación e os findes retirámonos ao refuxio de Toralla ! Logo unha chamada de teléfono a Ferraz e colocada na Executiva do Partido en Galicia ! Así camiñan algunhas cara ao Caserón de Monte Pío... https://twitter.com/00Gamela/status...