Novo accidente laboral con dous feridos tras caer dun andamio en Carral

Outro traballador tamén resultou ferido en Lourenzá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Dous operarios resultaron feridos este martes no municipio de Carral despois de caer desde o andamio sobre o cal traballaban en obras de construción. Segundo informou o 112, foi persoal sanitario quen, sobre as 10,00 horas deste martes, avisou da caída desde unha altura dun tres metros dos dous traballadores, que realizaban traballos de construción no Campo da Feira desta localidade, moi preto do Concello.

Con estes datos, foron informados axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade. Os dous traballadores foron evacuados polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Por outra banda, sobre as 11,30 horas o 112 Galicia tamén foi informado dun traballador ferido no concello lucense de Lourenzá (Lugo). O alertante que chamou ao 112 Galicia solicitou asistencia para un operario atrapado na máquina coa que traballaba nunha fábrica situada no lugar da Pena, en San Xurxo de Lourenzá.

Ata o lugar acudiron informados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Barreiros e a Garda Civil. Así mesmo, foron mobilizados efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Construción de vivendas
Construción de vivendas | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta