Temas: FRASEOLOXíA

“Ás cegas” ou “ás atoutiñadas”, equivalentes, entre outras, ao castelán “a tientas” (na súa acepción de “con incerteza ou dúbida”)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 20/11/2021 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Tal e como sinalabamos na anterior entrega, imos desta feita abordar secuencias expresivas galegas que poden resultar equivalentes á locución castelá a tientas cando reflicte o significado de “con incerteza ou dúbida”.

Un can guía de axuda a invidentes cunha persoa cega
Un can guía de axuda a invidentes cunha persoa cega | Fonte: ser.es

(Ir # Andar # Avanzar # Actuar...) A tientas && A ciegas

{= (Ir # Andar # Avanzar # Actuar...) Sen coñecemento, claridade ou lucidez, ou con incerteza e dúbida, respecto daquilo do que se está a falar.}

Ás cegas

Ás atoutiñadas

[E MAIS]:

Ás apalpadelas

Ás apalpadas

Ás atoutiñas

A palpas

Ex.: Le juramos que lo intentaremos averiguar; eso sí, un poco a tientas, pues no tenemos casi nada de lo que partir, pero le pondremos todo nuestro empeño.

Xurámoslle que o intentaremos descubrir; iso si, un pouco ás cegas ás atoutiñadas ás apalpadelas ás apalpadas ás atoutiñas a palpas, pois non temos case nada do que partir, pero habémoslle pór todo o noso empeño.

Ex.: No nos podemos permitir un Gobierno desnortado que siga actuando a tientas en este terreno, sin planificar líneas de actuación futuras que ofrezcan seguridad y estabilidad a la ciudadanía.

Non nos podemos permitir un Goberno desnortado que siga actuando ás cegas ás atoutiñadas ás apalpadelas ás apalpadas ás atoutiñas a palpas neste terreo, sen planificar liñas de actuación futuras que lle ofrezan seguridade e estabilidade á cidadanía.

Ex.: Tras criarse en un ambiente de barbarie, ignorancia y atraso, el acceso a la formación y a la cultura le permitiron cultivar una base sólida desde la que sentirse mínimamente seguro y no tener que andar a tientas por la vida.

Tras se criar nun ambiente de barbarie, ignorancia e atraso, o acceso á formación e á cultura permitíronlle cultiva unha base sólida desde a que se sentir minimamente seguro e non ter que andar ás cegas ás atoutiñadas ás apalpadelas ás apalpadas ás atoutiñas a palpas pola vida.

Ex.: El país ya tenía una agenda digital prevista, con avances destacables en algunas áreas y yendo a tientas en otras, pero la pandemia vino a trastocar todos los planes a corto plazo.

O país xa tiña unha axenda dixital prevista, con avances salientables nalgunhas áreas e indo (un tanto) ás cegas ás atoutiñadas ás apalpadelas ás apalpadas ás atoutiñas a palpas noutras, pero a pandemia veu trastornar todos os plans a curto prazo.

NOTAS:

1. Nótese que en bastantes contextos estas locucións poderían compartir espazos de uso con varias das que habemos reflectir ao abordar as secuencias galegas que dan conta da castelá a voleo, que veremos nunha das vindeiras entregas.

Ex.: Xurámoslle que o intentaremos descubrir; iso si, un pouco ó chou a rumbo a vulto ó acaso á ventura á sorte de Deus ás toas, pois non temos case nada do que partir, pero habémoslle pór todo o noso empeño.

Ex.: Non nos podemos permitir un Goberno desnortado que siga ó chou a rumbo a vulto ó acaso á ventura á sorte de Deus ás toas ó que saia ó que cadre neste terreo, sen planificar liñas de actuación futuras que lle ofrezan seguridade e estabilidade á cidadanía.

Ex.: Tras se criar nun ambiente de barbarie, ignorancia e atraso, o acceso á formación e á cultura permitíronlle cultiva unha base sólida desde a que se sentir minimamente seguro e non ter que andar ó chou a rumbo a vulto ó acaso á ventura á sorte de Deus ás toas ó que saia ó que cadre pola vida.

Ex.: O país xa tiña unha axenda dixital prevista, con avances salientables nalgunhas áreas e indo (un tanto) ó chou a rumbo a vulto ó acaso á ventura á sorte de Deus ás toas ó que saia ó que cadre noutras, pero a pandemia veu desgobernar todos os plans a curto prazo.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Asociación de Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”1, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.

- Cerradelo, Silverio & Valls, Esteve: “Achega fraseolóxica para un dicionario bilingüe galego-catalán 7 catalán-galego”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 37-132. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Martínez [actualmente, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta