Máis de 1.600 persoas avalían o seu nivel de galego en Santiago e Ponferrada

Arrinca a convocatoria das probas Celga por parte da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A Xunta inicia este fin de semana a segunda e última convocatoria de exames Celga, que avalían o nivel de coñecemento do idioma galego, deste 2021. En total, están inscritos case 1.600 candidatos para a obtención dos Celga 4, 3 e 2, que se suman aos 1.987 que participaron na primeira quenda de exames.

Así, este fin de semana comezan as probas do Celga 4 no IES Antonio Fraguas, en Santiago (con 789 inscritos), e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada (197 persoas). As probas terminarán o seguinte fin de semana en ambas as sedes. Serán os exames do Celga 3 o sábado 27 de novembro, con 374 admitidos (315 en Santiago e 59 en Ponferrada). O domingo 28 será a quenda do Celga 2, con 239 matriculados (210 en Compostela e 29 en Ponferrada).

As probas do Celga 1, que soamente se realizan na capital de Galicia, non están convocadas nesta ocasión.

IES Antonio Fraguas de Santiago
IES Antonio Fraguas de Santiago | Fonte: Google Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta