Quen é independentista en Galicia?

Os principais dirixentes nacionalistas galegos evitan, abertamente, falar de "independencia". Utilizan sinónimos menos contundentes como "soberanía". Pero que din os seus principios fundacionais?.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/03/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Nos últimos tempos e debido ao proceso catalán, a verba "independencia" volveu coller máis forza que nunca. A pesar de que aparece nos documentos políticos das principais forzas políticas nacionalistas galegas, o certo é que moi poucos dirixentes falan, abertamente, de independentismo. Os termos máis utilizados soen ser autodeterminación e soberanía nacional.

Manifestación do BNG na Quintana
Manifestación do BNG na Quintana | Fonte: BNG Flickr

O propio Beiras encendeu a mecha dun debate que lonxe de apagarse ten, aínda, moito percorrido. O histórico líder nacionalista destacou o pasado domingo que "non é viable un estado independente en Galicia", cando menos, polo momento.

"Autodeterminación e soberanía nacional"

Pero que recollen os estatutos dos partidos sobre esta cuestión?. O BNG evita nos seus documentos utilizar a palabra independencia. De feito, entre os principios fundamentais do BNG, aprobados na asemblea fundacional de 1982 e que se manteñen no esencial, sinalase que "Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional". 

Esta afirmación foi ampliada na XIV asemblea nacional na que adican un punto ao proceso "a prol do dereito e capacidade para decidir";

"O BNG quere asegurar que Galiza estea claramente presente no proceso soberanista que se está a abrir noutras nacións sen estado (como Cataluña, Euskadi, Escocia, Irlanda, Quebec...). Temos que erguer novas estratexias coa finalidade de combatermos o centralismo e garantirmos unha presenza activa da Galiza no debate do recoñecemento das nacións no Estado español e na Unión Europea. Consideramos que ese movemento pola soberanía ten que ser un movemento de ampla base social, plural e cun protagonismo central asentado na sociedade, coa unión daquelas persoas que queren construír unha nación con estado propio, cunha perspectiva de longo alcance que fuxa de intereses electorais ou doutro tipo".

A UPG, "independencia orgánica e política"

Pola contra, nos estatutos da UPG, a forza hexemónica do Bloque, si se fala de independencia, aínda que inserida nunha "independencia órganica e política para garantir a liberación nacional". Así, no seu artigo 2 recóllese que:

"A UPG, como partido comunista e patriótico que asume a loita de liberación nacional, ten por obxectivos:

a) O impulso e apoio dunha ampla fronte nacionalista para mobilizar e organizar o noso povo na lopita pola autodeterminación e o exercicio da soberanía nacional.

B A autoorganización do noso povo a nivel político, sindical, asociativo, etc., que implicar a total independencia orgánica e política necesaria para garantir a liberación nacional e social da Galicia...".

Máis contundente é o Movemento ao Socialismo, un grupo escindido do Movemento pola Base (MpB) e que está dentro do BNG. Nos seus "Principios e obxectivos", que recollen directamente do MpB, queda claro que loitan "pola plena soberanía nacional de Galiza, cunha posición independentista, que se ha acadar a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e da construción do poder popular".

Pola contra, xa na órbita allea ao BNG o uso da verba "independencia" é máis directa, sobre todo, na FPG, MpB ou en Anova, o partido que lidera Xosé Manuel Beiras e para quen, polo momento, non se dan as condicións necesarias en Galicia para ser un estado indendente.

"Autodeterminación cara á independencia"

Os Principios Ético- Políticos de Anova recollen un apartado para a "Autodeterminación cara á independencia". "Se o combate pola nosa autodeterminación como pobo, orientada cara a independencia, poderá chegar a algures, se esa actitude suscitará respecto cara nós e os nosos dereitos cívico-políticos. Compre elevarmos o nivel da nosa pacífica e cívica protesta chegando alén das posicións que defenden o actual marco xurídico-político para acadarmos unha solución satisfactoria da nosa reivindicación nacional", recolle este documento.

Unha posición que comparten a FPG e o Movemento pola Base. Así a FPG lembra nos documentos da súa última asemblea que a súa integración en Anova é froito dun "espazo aberto de esquerda rupturista e autodeterminista (autodeterminación camiño da independencia, din os Principios Políticos) que se enfronta a o réxime e ao sistema a partir dunha concepción nova da acción política en contradición coa parálise que a dedicación en exclusiva ao campo institucional imprimiu no nacionalismo autonomista".

Pola súa banda, o Movemento pola Base no seus "principios e obxectivos" aseguran que loitan "pola plena soberanía nacional de Galiza, cunha posición independentista, que se ha acadar a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e da construción do poder popular".

Nós-UP, "independencia nacional"

Tamén Nós-UP adica un punto dos seus estatutos á "independencia nacional" e recolle que "Galiza tem direito à sua autodeterminaçom -direito permanente, inalienável e irrenunciável de todos os povos- a exercitar sem nengum entrave e com todas as garantias do seu cumprimento efectivo. O actual regime jurídico-político espanhol imposto após umha maquilhagem do fascismo nega explicitamente a existência nacional da Galiza e o próprio direito de autodeterminaçom".

Tamén sinala que "a Constituiçom espanhola e o Estatuto de Autonomia som obstáculos ao exercício da soberania nacional d@s galeg@s. Esta há de plasmar-se plenamente quando a Galiza se dotar de um Estado próprio que inclua os territórios irredentos, que regule democraticamente a sua vida política, que dirija racionalmente a sua economia ao serviço das classes subalternas, normalize a sua língua e cultura, e estruture o seu território com base na paróquia e a comarca, rompendo todo vínculo com a opressom espanhola".

"Galeguista, progresista e socialdemócrata"

Quen deixa meridianamente claro que o seu posicionamento non é independentista é Compromiso por Galicia que se declara "galeguista, progresista e socialdemócrata". "Da consciencia desa urxente necesidade nace Compromiso por Galicia, unha organización política que se declara como galeguista, progresista e socialdemócrata, de base plural, comprometida coa xustiza e a igualdade, que se marca como obxectivos principais a defensa dos intereses colectivos de Galicia, da súa identidade e dos seus dereitos, así como a transformación da súa realidade económica, social e cultural, para conseguir o desenvolvemento integral do noso pobo", recollen as súas bases políticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

19 anovacopisteria

Copy_paste independentista xa! novo monumento ás farolas para os liberados de AGE! Dimitir é nome ruso

18 Pedriño

Os do Movemento pola Base de Cotización, non son nada. So son uns vividores enquistados na CIG-UPG

1 aice

tranquilos que agora xa se enquistaron no PCE, coidado

2 NOS-UPG

E os liberados da CIG desa corrente sindical de NÖS-UP chamada CSA ou algo así, que son?

17 Galicianos fora!

Todo galego de bem é independentista. E o resto: "gallegos" e colonos.

1 rassing

Non cres que 50.000 persoas en Galiza sentirian-se algo soas?

2 Galicianos fora!

Nom.

3 Galego de três estalos

Pois: Melhor uma águia que um exército de mouchos.

16 Carnaza para cutre trolls

Gañas de lerias, nin BNG, nin BILDU, nin ERC ou a CUP son independentistas, son soberanistas. Defenden un dos dereitos da Declaración dos DD HH da ONU, o dereito a autodeterminación dos pobos. Independentemente do que defendan antes do referéndum, acatarán o que o pobo soberano decida. Serían independentistas se tiveran a via independencia coma uneca opción. Federalistas, autonomistas, rexionalistas etc. que se enchen o pico de falar dos dereitos humanos, violan un, o dereito a decidir dos pobos o seu futuro.

1 rassing

ERC e as CUP declaran-se independentistas, e ambas só contemplam a indepêndencia (de Catalunya, uns; ou dos Paisos Catalans, os outros)