'Por un mellor convivir', programa de Allariz para o 25N

As actividades, organizadas pola Área de Igualdade do concello, terán lugar entre o 23 de novembro e o 2 de decembro.

Por X.M. Fernández | Allariz | 24/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz colocará o vindeiro xoves 25 de novembro unha pancarta na Casa do Concello ás 12:00h alusiva ao Día Internacional da Violencia de Xénero e darase lectura ao manifesto na Praza Maior para conmemorar esta data.

Casa do Concello de Allariz
Casa do Concello de Allariz | Fonte: GC

OUTRAS ACTIVIDADES

O teatro formará parte nas actividades programadas. A obra "12 Uvas, 2 Mulleres e 1 Oliva", da compañía Olivas Negras, poderase ver na Casa da Cultura o venres 26 de novembro. Para anotarse a esta actividade é necesario facer a reserva da entrada, que será de balde, no Fogar dos Maiores ou chamando ao 988 554 059 en horario de 09:00 ás 14:00 h. de luns a venres.

As Doulas Sororas, que dende hai anos desenvolven un labor de acompañamento e apoio, terán un reencontro o día 29 de novembro ás 16:30 h. no Fogar dos Maiores.

E o 2 de decembro, poderase escoitar o podcast C de Comunidade na Plataforma para a Convivencia creada no 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta