Que bonitas palabras gaitaenlacabeza. Conseguichesme emocionar. Agora eres jacobino e non jacobita (di que si, os descendentes de Jacobo Estuardo que lles dean,..). Si, si..o de Rousseau está moi ben, pero cando o levaron a práctica o único que quedou foi que o que non pensa coma eu, guillotina. Igualiño que a doctrina comunista. Se fixo para mellorar as condicións da clase traballadora e dotala de dignidade fronte os abusos dos poderosos. Pero iso non impediu a Stalin e a Mao facer o que fixeron.
En canto a Cuba, se Fidel Castro segue dando guerra é gracias o embargo dos USA. Se non fora por iso, a súa dictadura remataría o mesmo tempo que caía o muro de Berlín.
Ti dis que non eres nacionalista...mira rapaz, todo goberno, de calquera país é nacionalista. Ou e que o goberno dos USA non defende os seus intereses??tampouco o de Alemaña??Francia?? Italia?? Si gobernan para a paz mundial y para mellora-las condiciones da humanidade, seguro que si (JAJA!!)...Pode ser, pero primeiro din "¿que hai do meu?" e iso se ve todolos días na Unión Europea por exemplo.
En fin, ti vota a ese partido socialista que non é marxista, a ese partido que é republicano sen selo, é que de obreiro só ten o nome. En canto de español, aquí hai xente coma Jesusito que te poderá decilo que pensa de iso ;).
Pa Jesusito, o de Cangas, pasa o que creo que xa che dixen. Aquí hai xente de dereitas que non ten outra cousa que o PP, mentras que o voto de esquerdas temos o PSOE (ejem!..), BNG, IU,...E se hai algo claro, é que a lei D'hont favorece a primeira forza. Con eses resultados, PP bástalle conseguir o 40 % para conseguer maioría absoluta. Tamén teño que dicir que 10.000 persoas son demasiadas para Cangas. Pero é igual, o PP non vai contar con 4 anos máis.
Non me gustaría unha Espe en Galicia, pola sinxela razón que a min góstame saber quen me goberna. Tiquismiquis que é un. Nos gobernamos, por que sabemos chegar a acordos, o PP non sabe ou non quere ter a outra xente cerca que vexa o que fan...
O Bloque non ten máis votos por que non ten medios de comunicacións que aplaudan o que fan. Ti quítalle o PP ou o PSOE os medios de comunicación que controlan, e o cabo do tempo, a ver cantos votos teñen...Por algo ó xornalismo se lle chama o 4º poder.