Sancionados dous veciños de Ourense por infracción "moi grave" contra o patrimonio en Seixalbo

O expediente ábrese contra dous veciños deste núcleo pola execución dunha obra sen a pertinente autorización nun ben patrimonial, o Portalón do Recanto da Requeixada, situado nun ámbito de especial protección como é Seixalbo.

Por E.P. | OURENSE | 23/11/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense abriu un expediente de disciplina pra reposición da legalidade urbanística, así como sancionador, por infracción "moi grave" contra o patrimonio en Seixalbo

O expediente ábrese contra dous veciños deste núcleo pola execución dunha obra sen a pertinente autorización nun ben patrimonial, o Portalón do Recanto da Requeixada, situado nun ámbito de especial protección como é Seixalbo.

Tras a denuncia realizada por veciños deste núcleo, a Policía Local levantou atestado e comprobou que os infractores non tiñan licenza e eran coñecedores de que o ben estaba protexido.

De tal forma, terán que abonar 24.443 euros para a reposición da legalidade urbanística, así como unha multa de 60.000 euros por unha infracción urbanística moi grave contra o patrimonio cultural.

Seixalbo
Seixalbo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta