A Deputación da Coruña investirá case 5 millóns para mellorar 34 quilómetros de estradas provinciais

Afectará a 15 concellos da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobará este venres un orzamento de 4,9 millóns de euros do departamento de Vías e Obras para acometer obras de mellora en 34 quilómetros de estradas provinciais, segundo avanzou o deputado desta área, José Manuel Pequeno. As actuacións levarán a cabo nos municipios de Curtis, Cariño, Culleredo, Cambre, Valdoviño, O Pino, Melide, Tordoia, Trazo, Cerceda, Ordes, Abegondo, Carral, Arteixo e A Laracha.

Entre as obras que se someterán a aprobación do Pleno destacan os máis de 1,1 millóns de euros para a ampliación e mellora do trazado da DP-3201, desde a estación de Curtis ao Carregal e Gorza. Trátase dunha actuación dun quilómetro que permitirá ampliar a estrada de 5 a 9 metros, e que se completará cunha senda peonil.

En Culleredo, a Deputación dedicará algo máis de 553.000 euros a construír un camiño para peóns na DP-3104 en Liñares, para unir o núcleo de Tarrío co de Alvedro. Nese caso actuarase tamén sobre o firme para mellorar as condicións de seguridade viaria.

O deputado provincial tamén avanzou que haberá proxectos de mellora en Cambre (na DP-1704 a Carral, onde se eliminará unha edifición ao bordo da calzada para mellorar a visibilidade e incluiranse senllas peonís) e na estrada DP-6121, na intersección coa DP-6119, de Landoi á vía Mera-Cariño, co desdobramento dun carril e a incorporación dun carril central.

En Melide, reforzarase a capa de rodaxe nun tramo de 5 quilómetros da DP-4603 a Ribadulla, cun investimento de 426.000 euros; mentres que se destinarán case 420.000 euros a obras de acondicionamento do firme na DP-5903, de Ordes a Portomouro, ao seu paso polos municipios de Tordoia e Trazo.

O resto de investimentos repartiranse entre actuacións que levarán a cabo na DP-0514 de Arteixo a Caión (case 450.000 euros); na DP-2405 de Cerceda a Mesón do Vento (390.000 euros); na DP-0106 de San Vicente de Vigo a Oza-Cesuras (250.000 euros); na DP-8401 de Tablilla a Agromestre (301.000 euros); na DP-2502 de Valdoviño a Cerdido (250.000 euros); e na DP-6602 de Fonte Díaz a Santa Irene (232.000 euros).

A Deputación da Coruña promove obras en estradas provinciais. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña promove obras en estradas provinciais. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta