A Xunta intenta impulsar un novo boom da construción

Galicia concede en xullo licenzas para 194 edificacións de nova planta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Galicia concedeu licenzas para 194 edificacións de nova planta en xullo, segundo a información que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 137 obras de rehabilitación e 24 para obras de demolición de edificios. Estas licenzas permitirán construír 352 novas vivendas.

O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 39 e as vivendas a demoler, 22. A variación neta do parque de vivendas este mes foi, por tanto, positiva (369 novas vivendas).

En relación ao acontecido doce meses antes, o número de edificios a construír de nova planta aumentou en 31 unidades: 194 en xullo de 2021 fronte a 163 en xullo de 2020. O número de vivendas a construír destas características aumentou en 100 unidades en relación ao rexistrado hai un ano. O dato de edificios a rehabilitar é menor que un ano atrás: 137 fronte a 174.

Alumnos da Fundación Laboral de la Construción
Alumnos da Fundación Laboral de la Construción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta