Por Pablo Chao | Santiago de Compostela | 27/11/2021 | Actualizada ás 21:00
Có obxectivo de consolidarse como un destino para Nadal, Viana do Castelo presentou hoxe un programa que chegará ata o 9 de xaneiro. Ademais tamén anunciaron que, có mesmo fin, vaise apostar por unha operación de comunicación para atraer novos públicos de Galicia, Braga e do Porto.
Según o alcalde, Luís Nobre, o investimento este ano neste programa de Nadal é de "máis de 300 mil euros" e supón o "maior esforzo de sempre" para confirmar a Viana de Castelo coma un dos destinos referentes para o Nadal.
Na conferencia de prensa da presentación do programa tamén estaba presente Manuel Cunha Junior, líder da Asociación Empresarial de Viana do Castelo, e adiantou que a iluminación da cidade está a atraer operadores turísticos galegos. "No fin de semana tivemos 7 autobuses dende Galicia para ver o espectáculo da iluminación, admitiu Cunha.
Esta decoración do Nadal de Viana de Castelo inclúe unha árbore de Nadal 3D e espectáculos multimedia diarios realizados no centro da cidade ás 18.30 horas, 19.30, 20.30 e ás 21.30 horas, na Avenida dos Combatentes da Grande Guerra.
A iluminación de Nadal, este ano dura máis tempo, e vese ampliada ata o 9 de xaneiro de 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.