Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2021 | Actualizada ás 16:03
A Xunta de Galicia emitiu un total de 2.260.274 certificados covid, dos que 2.178.031 foron certificados de vacinación, 51.843 de resultado de proba diagnóstica e outros 30.400 documentos acreditativos de superar a enfermidade.
Respecto dos autotest vendidos nas oficinas de farmacia, rexistráronse ata o día de hoxe resultados de probas dun total de 53.737 persoas, que permitiron localizar 607 persoas con resultado positivo.
Así mesmo, o Goberno autonómico estivo realizando test de antíxenos gratuítos en diferentes puntos dos distritos sanitarios. Unha vez clausurados estes centros, o balance final indica que se realizaron test a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.