O Goberno concede dous millóns de euros a entidades galegas para 27 proxectos de I+D+i

Sufragarase o 40% dos proxectos, sendo a contía media de 88.950,71 euros por proxecto aprobado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O Goberno estatal concede 2,4 millóns de euros a entidades galegas para 27 proxectos de I+D+i no marco dunha convocatoria para a realización de Probas de Concepto do Ministerio de Ciencia e Innovación. Segundo informou o delegado do Goberno, José Miñones, as Probas de Concepto consisten en "avaliar, adaptar e mellorar ideas innovadoras antes da súa saída ao mercado".

Esta nova liña ten como finalidade "fomentar e acelerar a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos de investigación, en concreto, das de proxectos de I+D de Excelencia de Xeración de Coñecemento, de proxectos de I+D+i Retos Investigación e de proxectos de investigación fundamental orientada".

Miñones sinalou que esta convocatoria "responde" á necesidade de "garantir a transferencia de coñecemento, unha cadea vital que permite que os resultados científicos se convirtan, mediante procesos de innovación e posterior industrialización, en mellores produtos e servizos que xeren benestar e progreso a toda a sociedade". Está previsto, informan nun comunicado, que o próximo ano se lance unha nova convocatoria destas características.

PROXECTOS

A maior parte dos proxectos pertencen ás tres universidades públicas galegas, pero tamén son beneficiarias a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, o Centro Superior de Investigacións Científicas, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

A través desta convocatoria financiaranse 27 proxectos galegos, seleccionados en réxime de concorrencia competitiva. Sufragarase o 40% dos proxectos, sendo a contía media de 88.950,71 euros por proxecto aprobado.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai  balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta