O Concello da Coruña promove unhas xornadas de fomento do emprendemento social e sustentable

Por E.P. | A Coruña | 29/11/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio acolle, entre este luns e o martes, dúas xornadas de fomento do emprendemento social e sustentable impulsadas polo departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, asistiu este luns á apertura dos talleres.

O obxectivo dos mesmos é ofrecer unha visión completa sobre os beneficios da economía verde e circular. Exporase tamén aos asistentes que ferramentas poden aplicar para desenvolver negocios máis sustentables nos nichos de mercado que existen neste campo.

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, nos talleres sobre emprendemento
O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, nos talleres sobre emprendemento | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta