O indicador Abanca-Foro detecta unha "lixeira contracción" do crecemento da economía galega en setembro

O Foro alerta da "ameaza" que supón a crise dos microchips e o encarecemento das materias primas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia mostra en setembro un incremento interanual do 2,6% que supón "unha caída clara" respecto dos meses anteriores (4,8% en agosto).

Así as cousas, Foro Económico de Galicia afirma que o verán foi un período "globalmente positivo" en termos de reactivación, pero advirte de "a ameaza que supón" a crise dos microchips e o encarecemento das materias primas, "que comeza a facerse notar con intensidade a partir de setembro". De aí a "lixeira contracción" do crecemento da actividade económica.

Con todo, o indicador recolle un "espectacular comportamento" das variables referentes ao sector turístico con crecementos superiores ao 100%. Outra variable cun aumento destacable por parte do Foro é o transporte marítimo de mercadorías, que alcanza o 16% de subida en termos interanuais.

En sentido contrario, as variables con peor comportamento en xullo foron as relativas ao comercio exterior (exportacións e importacións), así como o índice de produción industrial.

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta