Por GCAgro | Negreira (A Coruña) | 26/03/2014 | Actualizada ás 20:31
A Sociedade Cooperativa Galega Feiraco vén de inaugurar un blog co obxectivo de establecer unha nova canle de comunicación co consumidor, o espazo web que achegará contidos lixeiros e atractivos sobre o sector leiteiro na súa vertente máis práctica. Información de produtos, de proxectos de innovación, de alimentación e saúde, accións dirixidas aos máis pequenos da familia...
En definitiva, todo aquilo que permite alimentar o xeito de ser de Feiraco e que lle dará ao lector a posibilidade de comentar en tempo real as entradas, participar no diálogo e abrir o debate sobre temas que considere de interese.
A viaxe de Feiraco pola Rede
Un blog con dobre versión idiomática (galego e español) e con catro categorías (‘Alimentando un xeito de ser’, ‘Innovación’, ‘Alimentación’ e ‘Nenos’) que permiten aglutinar os asuntos en menús temáticos pensados para facilitar as buscas e interactuar. Trátase dun novo paso na estratexia de comunicación 3.0. de Feiraco artellada en base a unha plataforma online que, xunto co perfil de facebook e a web corporativa, constitúe unha bitácora para estar máis preto do consumidor, escoitalo de primeira man e coñecelo un pouco mellor. Unha viaxe á que Feiraco nos convida a emprendela xuntos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.