Onte algun periodico abria coa nova 200 profesionais da TVG traballaran nas eleccions. Na miña delegacion traballou o 80 por cento da plantilla e moito me temo que non estamos incluidos neses 200 espartanos do carallo. Fixeronnos traballar a todos para un dia mais ben frouxo de electoral. Por outro lado non me extraña que non nos incluan , onte tamen me contaron que en Coruña ningun tecnico seguiu adiante coas denuncias, xa que o traballo dalgun sindicalista (destes que crean asociacions de traballadores para o seu beneficio propio) conseguiu os seus obxectivos de subida de soldo (noraboa, comprate un despacho para non negociar nas cafeterias as agachadas), e deixou un pouco mais vendidos os traballadores do resto de Galicia que si seguiron adiante coas denuncias.
Agora so espero que non toquen mais as bolas coa asociacion de traballadores de delegacions do carallo, xa que eles, con esa subida de soldo, aceptan meramente ser traballadores de VIDEOVOZ, supoño que con vistas a esa voztelevision.
Os demais seguimos pensando que somos traballadores da Galega, ainda que non nos incluan neses 200 de eleccions, animo os denunciantes, e recordarvos a todos que o feito de que a tvg lles pague os periodicos por manter as delegacions e unha forma de que a Xunta subvencione ilegalmente os xornais, subvencion avalada primeiro polo PP, agora por PSOE e BNG, e agora tamen polos tecnicos da Coruña. Sin rencores, compañeiros! ah non, compañeiros non.