A Xunta redacta un plan antifraude para a xestión dos fondos Next Generation e unha Subdirección Xeral

Trátase, tal e como resumiu Feijóo, de "ser o máis escrupulosos e eficaces posibles na aplicación dos fondos Next Generation", para así mandarlle á UE "unha mensaxe de rigor" contra a fraude.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este venres a creación dunha Subdirección Xeral na Consellería de Facenda e Administracións Públicas, así como a redacción dun plan antifraude para xestionar os fondos europeos Next Generation.

En canto a esta nova unidade no departamento de Facenda, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, explicou que terá a función de "coordinar e facer un seguimento" aos proxectos públicos impulsados con este mecanismo de financiamento, tendo en conta que os privados serán supervisados polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Tamén estará encargada de manter contactos tanto co Goberno central como coa Unión Europea.

Levará o nome de Subdirección Xeral de Proxectos Públicos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, dentro da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Ademais, a Xunta armarase dun protocolo antifraude que será de aplicación a todas as consellerías, centros directivos e entidades do sector público autonómico. Este plan tratará de identificar os riscos e medidas de prevención aplicables, así como incrementar a transparencia na xestión e responder a demandas de rendición de contas por parte da cidadanía.

Trátase, tal e como resumiu Feijóo, de "ser o máis escrupulosos e eficaces posibles na aplicación dos fondos Next Generation", para así mandarlle á UE "unha mensaxe de rigor" contra a fraude.

Reunión do Consello da Xunta do venres 10 de decembro.. XUNTA
Reunión do Consello da Xunta do venres 10 de decembro.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta