Detido o presunto autor da puñalada por detrás a un compañeiro de clase nun bar de Ourense

A agresión produciuse nun establecemento hostaleiro situado nas inmediacións do IES A Carballeira.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 11/12/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo este sábado ao suposto autor da agresión cunha arma branca cometida o venres contra un alumno dun instituto nun bar da cidade de Ourense.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: Delegación do Goberno.

Tras case 24 horas de procura, as forzas da orde localizaron e detiveron á primeira hora deste sábado a un mozo como presunto responsable da puñalada asestada por detrás a outro varón nun establecemento hostaleiro situado nas inmediacións do IES A Carballeira.

O agresor e a vítima, ambos os dous maiores de idade, son compañeiros de clase. O suceso produciuse na mañá do venres, cando un grupo de mozos estaba nunhas mesas dun bar.

O agresor, ao que convidaron a sentar, sacou unha arma branca e apuñalou por detrás a unha das persoas do grupo, coa que comparte clase. Acto seguido, deuse á fuga, o que motivou a articulación dun dispositivo de procura que concluíu na mañá deste sábado co arresto do presunto autor do ataque, que permence en depedencias xudiciais.

A vítima foi atendida nun primeiro momento no establecemento para máis tarde ser evacuado a un centro hospitalario, onde ingresou en estado estable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta