Deteñen un mozo en Ribeira tras ser sorprendido cando roubaba no garaxe dunha vivenda

Despois de realizar unha requisa do garaxe, os axentes observaron un vehículo coas portas abertas e o interior revolto, onde viron que o individuo, para entrar, fracturara unha porta de acceso ao garaxe.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira detiveron a un home de 18 anos, veciño deste municipio, como presunto autor dun delito de roubo con forza tras ser sorprendido cando roubaba nun garaxe dunha vivenda.

Segundo informou a Policía Nacional, tras recibirse chamada no 091 de madrugada, na que se comunicou que escoitaban ruídos no garaxe dunha vivenda, dirixiuse ao lugar unha patrulla, que sorprendeu a un individuo no seu interior cando manipulaba os caixóns dun moble.

Despois de realizar unha requisa do garaxe, os axentes observaron un vehículo coas portas abertas e o interior revolto, onde viron que o individuo, para entrar, fracturara unha porta de acceso ao garaxe.

Unha vez no lugar o propietario do vehículo, manifestou aos axentes que o mesmo estaba "perfectamente pechado" e en orde, polo que se procedeu á detención do mozo por roubo con forza.

As mesmas fontes policiais sinalaron que ao home fóronlle intervidos diversos efectos que subtraera do interior das instalacións.

Unha vez tramitadas as dilixencias policiais, informouse de todo o actuado ao xulgado de Instrución de garda, a cuxa disposición foi posto o detido.

Policía Nacional
Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta