O caso da película gravada en galego que os cinemas de Galicia proxectan en castelán

A Mesa vén de criticar o emprego da versión en castelán de 'Valentina' na maioría de salas da Comunidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística segue adiante na súa campaña en defensa do emprego da lingua galega no eido do audiovisual. Logo de participar nunha fronte común con outras asociacións de Euskadi e Cataluya, a asociación presidida por Marcos Maceiras vén de publicar queixas porque unha película de animación gravada en galego estaría a ser proxectada en castelán na maioría de cinemas de Galicia. 

Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo
Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo

Así o apuntan nun chío recollido na conta oficial da Mesa, na que recollen o tráiler do filme 'Valentina'.

De acordo coa versión recollida pola Mesa a partir dunha denuncia non especificada, a metraxe tan só estaría dispoñible en galego no cinema referi. A sala ferrolá Duplex reivindica que tamén alí se visiona en galego, mentres que o resto de salas de Galicia estarían a proxectala en castelán. Tamén no caso dunha cadea afincada na Coruña que, segundo a mesma fonte, tería recoñecido contar co filme en versión galega pero non ter aínda datas para a súa emisión.

A protesta da Mesa chega nun momento en que o asociacionismo vencellado á defensa da lingua galega está a poñer o foco da difusión audiovisual da lingua, con campañas para incrementar o número de contidos en galegos nas principais plataformas de OTT --Netflix, Hbo, etc.--. A principal manifestación a nivel político pasou por que o Estado apoiara estes contidos nas referidas plataformas a cambio de dar saída ao PGE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta