O PPdeG cancela a súa cea de Nadal pola situación da Covid

Feijóo ve "sorprendente" que se usen as ceas "para aumentar o ruído no PP de Madrid".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a formación cancelou "algunhas" ceas de Nadal en Galicia, entre elas a que tradicionalmente celebra o Grupo Parlamentario Popular e outros eventos similares en concellos.

O xefe de filas dos populares galegos alegou que "a prudencia" aconsella adoptar estas decisións debido á situación epidemiolóxica da covid-19, aínda que considerou "sorprendente" que se usen as ceas para "aumentar o ruído" no PP de Madrid.

Así o ratificou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, tras ser preguntado, no marco da nova polémica entre a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e Xénova, pola directriz que dera o partido en Galicia, e a súa postura tras coñecerse un positivo na cea de Nadal do PP de Arganda del Rey, á que foi Ayuso.

"É evidente que estamos en onda pandémica", reflexionou Feijóo, antes de referirse á Ómicron, "unha nova variante moito máis contaxiosa" do coronavirus, polo que --esgrimiu-- resulta "perfectamente lóxico que haxa moita prudencia" no que respecta a "ceas masivas e interiores".

En Galicia, Feijóo lembrou que se pide o certificado covid nos restaurantes e revelou que o PP galego xa procedeu a cancelar "algunhas ceas", por exemplo a do Grupo Parlamentario Popular e tamén eventos similares nalgúns concellos. "A prudencia aconsella este tipo de formulacións", dixo.

"AUMENTAR O RUÍDO" NO PP DE MADRID

Con todo, tamén considerou "moi sorprendente" que se usen as ceas de Nadal para "aumentar o ruído no PP de Madrid". Parece ser que isto está de moda", ironizou, antes de concluír que el non se vai "apuntar con moita intensidade" a facer o mesmo. Como última mensaxe, limitouse a lembrar que os epidemiólogos "piden prudencia en canto a ceas masivas" e que estas se manteñan "na burbulla familiar" polo menos en domicilios, que é "onde non hai control" externo, mentres nos restaurantes se pide en Galicia o certificado covid.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello este xoves. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello este xoves. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta