Morre un pescador de 76 anos en Valdoviño

O home sufriu unha indisposicion mentres pescaba.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron do mar o corpo sen vida dun home de 76 anos que caeu ao mar tras sufrir unha indisposición mentres pescaba en Valdoviño.

Segundo fontes de Protección Civil consultadas por Europa Press, unha embarcación da Cruz Vermella foi a encargada de recuperar o cadáver do home, que foi avistado flotando na auga a 300 metros de Punta Frouxeira.

O home, veciño de Pontedeume, acudira á zona pescar cando sufriu unha indisposición e caeu á auga. O cadáver foi visto por unha embarcación que faenaba na zona e que deu a voz de aviso.

Unha vez recuperado da auga, o cadáver foi evacuado ao porto de Cedeira para o seu posterior traslado a Ferrol, onde se lle practicará a autopsia.

Un pescador agarra a punteira da súa cana /CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS
Un pescador agarra a punteira da súa cana /CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta