Os pirómanos actúan en pleno Nadal con sete focos no parque natural do Xurés

O lume xa foi extinguido e afectou a tres hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/12/2021 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado no parque natural do Xurés, iniciado con sete focos simultáneos, quedou controlado na tarde deste venres.

Incedio forestal no Parque Natural do Xurés
Incedio forestal no Parque Natural do Xurés | Fonte: BRIF Laza- Arquiv

A Consellería de Medio Rural informa de que este lume no municipio de Calvos de Randín --parroquia de Randín-- comezou ás 17,08 e está controlado desde as 19,01 horas.

Segundo as estimacións provisionais, este lume afecta a unha superficie aproximada de tres hectáreas. Traballan dous axentes, catro brigadas e dúas motobombas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta