O Concello de Santiago pide unha lei para regular a situación do Panteón de Galegos Ilustres

Quere que se aclare a súa titularidade, ou polo menos garantir os usos civís.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O secretario da xunta de goberno local de Santiago, Sindo Guinarte, pediu ao Parlamento de Galicia unha lei para aclarar a titularidade, ou polo menos garantir os usos civís, do Panteón de Galegos Ilustres.

Feijóo entrega a ofrenda floral a Rosalía de Castro o 25 de xullo, no Panteón de Galegos Ilustres
Feijóo entrega a ofrenda floral a Rosalía de Castro o 25 de xullo, no Panteón de Galegos Ilustres | Fonte: Xunta de Galicia.

Este luns, Guinarte expuxo a resolución dun auto sobre a situación xurídica e rexistral da Igrexa do convento de Santo Domingos de Bonaval. Segundo explicou, a resolución do auto "deu a razón en boa medida á Igrexa" ao recoñecer a súa titularidade sobre os espazos do convento.

Con todo, Guinarte destacou que dita resolución anula a inscrición rexistral do conxunto da igrexa de Santo Domingos de Bonaval.

Desta forma ábrese a posibilidade de regularizar a titularidade do espazo, de forma que tanto Concello como Igrexa procedan a inscribir as zonas que lles pertencen.

Sobre a negociación, Guinarte asegurou que ambas as institucións "están no punto cero", pero confía en atopar unha solución ao asunto.

Guinarte insistiu en que, tras esta resolución, será necesaria unha solución a nivel político sobre a situación do Panteón, ademais, lembrou que o anteproxecto de lei para regular este espazo presentado polo Consello da Cultura Galega.

O secretario da xunta local insistiu en varias ocasións na importancia de que o Parlamento galego "tome cartas no asunto" para, se non establecer a titularidade do Panteón, polo menos asegurar e regular os seus usos civís como pode ser a entrega da Medalla Castelao.

Sobre este tipo de actos, Guinarte sinalou que na práctica non hai ningún conflito coa Igrexa para realizalos, pero persevera en pedir unha lei que o estableza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta