Tres detidos por dar unha malleira a un mozo en Ourense

A vítima lembra que o sacaron fóra dun pub e lle deron botellazos e golpes entre cinco persoas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/12/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo tres mozos por dar unha malleira a outro na madrugada do 6 de decembro no exterior dun céntrico pub de Ourense. Segundo informa a Policía nun comunicado, os presuntos autores son tres rapaces de 31, 21 e 19 anos de idade.

Os feitos que motivan a detención ocorreron sobre as 4,00 horas da madrugada do 6 de decembro, cando a vítima se atopaba no interior dun pub xogando ao futbolín. Un mozo comezou a increpar un amigo da vítima, quen tentou mediar para acougar a situación. O seguinte que lembra é que o sacaron fóra do local e lle estaban dando botellazos e golpeándoo unhas cinco persoas, segundo este relato.

Cando deixan de golpealo, a vítima comezou a camiñar xunto á súa parella e localizan a unha patrulla de Policía Nacional, que avisa a unha ambulancia do 061. O mozo sufriu un traumatismo cranioencefálico leve, úlcera corneal esquerda e múltiples erosións e feridas incisas, polo que necesitou puntos de sutura en man e nariz, así como grapas no cranio.

O Grupo de UDEV realiza a investigación do feito delituoso. A localización e detención do tres presuntos autores produciuse na tarde do día 21, foron postos en liberdade en dependencias policiais.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta