Unha muller de 34 anos morre atropelada en Carral

O accidente tivo lugar sobre as 21.30 horas de Noiteboa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/12/2021 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Unha muller de 34 anos de idade morreu este venres, día de Noiteboa, tras ser atropelada por un vehículo no municipio coruñés de Carral.

O accidente, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 21,30 horas cando a vítima camiñaba pola DP-1704, que une os concellos de Carral e Cambre, e foi alcanzada por un coche. Seguidamente, unha persoa particular contactaba coa central de emerxencias para solicitar asistencia médica urxente.

No operativo participaron a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias-061, que enviou ata o punto unha ambulancia asistencial de soporte vital básico, outra de soporte vital avanzado e persoal do punto de atención continuada (PAC) de Cambre.

Á súa chegada, os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima, unha muller de 34 anos, tal e como indica o 061, e tan só puideron certificar o falecemento. O 112 tamén pasou aviso do accidente aos Bombeiros de Betanzos e de Arteixo, aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento das estradas.

Lugar dun atropelo
Lugar dun atropelo | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta