O anarquismo e o independentismo, no punto de mira

A Policía cre que militantes destes sectores están detrás dos últimos actos violentos en Galicia e nas marchas da dignidade de Madrid. Cren que traballan coordinadamente co obxectivo de "despistar" ás forzas policias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O pasado luns seis mozos foron detidos en Santiago en relación aos altercados acontecidos durante a manifestación de armadores e tripulantes do sector do cerco o pasado 11 de marzo na capital galega. A maioría dos detidos pertencen a grupos independentistas ou anarquistas.

Mariñeiro inmovilizado na carga policial fronte ao Parlamento de Galicia durante as protestas do sector do cerco
Mariñeiro inmovilizado na carga policial fronte ao Parlamento de Galicia durante as protestas do sector do cerco

A Policía cre que "militantes anarquistas e independentistas" están detrás da radicalización das últimas protestas que tiveron lugar, tanto en Galicia como en Madrid. De feito, a estes grupos impútanlles os altercados acontecidos na manifestación do sector do cerco en Compostela que rematou cunha contundente carga dos antidisturbios, así como a protesta que días antes realizaron os estudantes en Vigo. Tamén os responsabilizan de ter actuado nos graves enfrontamentos que tiveron lugar logo das marchas da dignidade en Madrid.

"Persoas vinculados con grupos antisistema e tamén coa contorna do independentismo radical violento estanse infiltrando nestas protestas", apuntan desde a Policía, para "tensionar e enfrontarse contra os antidisturbios". Unha medida que, segundo este corpo de seguridade, explica a contudente actuacións destes efectivos.

Samuel Juárez

O propio delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, avanzaba xa esta fin de semana o que ía acontecer. Así, nunha entrevista aseguraba que a Policía tiña no punto de mira a "dous grupos violentos". Referíase, por unha banda, a "un grupo anarquista de certa relevancia en Galicia" e doutra banda, a aqueles "da contorna independentista máis radical". Precisamente, foi contra estes dous grupos contra os que se dirixiron as detencións policiais. 

A Policía carga contra os mariñeiros do cerco concentrados ante o Parlamento galego
A Policía carga contra os mariñeiros do cerco concentrados ante o Parlamento galego | Fonte: @ErnestoIlkermn

De feito, a Policía traballa xa coa hipótese de que grupos independentistas e anarquistas traballen conxuntamente para tentar "despistar" aos grupos de información deste corpo. Cren que militantes dun e doutro sector actuan coordinados para, deste xeito, evitar ser detectados. Unha nova "táctica", segundo a Policía, para tentar desviar a atención e acreditar que Resistencia Galega non existe porque non só está conformado por "independentistas radicais".

Resistencia Galega

Por iso, o propio Juárez descartou, tal e como avanzaran varios medios estatais de fontes policiais, é que as protestas de Madrid estiveran organizadas por militantes de Resistencia Galega. "Ademais, hai que distinguir entre Resistencia Galega, que é un grupo terrorista e persoas de contornas independentistas radicais, que ser independentista é unha opción política lexítima e ser radical pois mesmo tamén, mentres non sexa violento, e ser de Resistencia Galega é ser un terrorista, son cousas totalmente diferentes, non hai que confundilas", subliñou.

Neste sentido, defendeu a actuación dos antidisturbios. "Calquera que os vexa, e eu vinos moitas veces traballar, do que se sorprende é do moito que aguantan, son xente adestrada para aguantar moitísimo", dixo deles. 

Críticas

Estas actuacións provocaron as reaccións de grupos independentistas e mesmo de Anova. A formación de Beiras considera "inaceptable" que se tente "criminalizar" a persoas polo mero feito de pertencer a colectivos independentistas ou anarquistas. "Chama terrorificamente a atención o feito de que a policía española conciba que a pertenza ao anarquismo ou ao independentismo xustifican en si a detención dun grupo de persoas. A nosa pregunta, ante esta evidencia de totalitarismo, é cantas liñas mestras está disposto a traspasar o goberno do PP para defender os privilexios da clase dominante e as súas políticas agresivas contra a maioría social", apuntaba esta formación nun comunicado.

Tamén o colectivo independentista denunciou a detención dos seis activistas de Xeira, AGIR e CEL por apoiar aos mariñeiros do sector do cerco.  "Nos tempos nos que vivemos quem nom lhe baila a auga ao sistema é inimigo, nom só a acçom direta, também a solidariedade se converte em delito. Se vam a por todas iremos todas a por eles! Nom nos vam calar, e nom vam frear a solidariedade", advirten nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

7 Subhumans inquisidores

Impresentables os comentarios do troll de encefalograma plano mal alcumado "comunista", de facer responsables a Mera e Rodríguez da detención de 8 sindicalistas da INTG en Ferrol. O todo val, o denugra que algo queda, as inxurias dende o anonimato, o acusar sen probas, non debe quedar impune. O EGPGC nutriase de militantes de GC-OLN, UPG e APU. As detencións levadas polo xuiz Garzón con unidades "antiterroristas" de Madrid e País Vasco foron a raíz das investigación pola voladura de duas torretas de alta tensión, que deixou sen luz a toda a comarca de Ferrolterra.

1 comunista independentista

As verdades proen? Pois rañe.

6 XaimeLópez

VERGOÑA me dan @s que usan a criminalización do independentismo e a nova duns rapaces detidos para facer partidismo. Refírome aos comentarios. Así nos vai en Galiza.

1 rassing

Somos dous, veñan da banda que veñan.

2 jos

+1. Samuel Películas Juárez e a sua banda de produtores policiais causam-me terror com essas declarações fascistas criminalizando pessoas pela sua ideologia (a ver desde quando em Catalunha se criminalizou a alguém por ser unionista). Esta gente não sabe nem o que é a democracia nem a liberdade. São matões que só querem conservar a poltrona e as nóminas.

5 Comunista

Estes trolls a soldo do BnUpG que por aquí pululan igual pensan que a xente da esquerda independentista non ten memoria. Foron moitas as ocasións nas que destacados membros do BnUpG, sobretodo da UpyG, actuaron como chivatos e colaboracionistas das forzas represivas españolas. Lembremos, por exemplo, a Manolito Mera e Paco Zarzuelas a principios dos ´90 indo de ganchete á comisaría de Ferrol a denunciar a sindicalistas da INTG-CIG ante a policía española acusándoos de ser membros do EGPGC. Precisamente foi Beiras un dos poucos líderes do vello BnG que, ademais de apoiar os presos e denunciar as torturas, sempre se negou a participar nese colaboracionismo chivato e sipaio imposto polos coroneis da UpyG. A memoria non falla e as hemerotecas están aí.

1 Spidercan

Pode ser que leves razón (non o sei)pero moitos estamos á expectativa. E o pasado non pode ser un "pesado fardo que leves ás costas" si éste serve para medrar e non quedarse infinitamente na falta de misericordia que moitos que se din de esquerdas, non a tenhen en absoluto. E outra cousa, non sei si eso é certo. Si fora novo creeríache. Pero tenho moitos anos e sospeito moito dos chíos (por experiencia propia) e sospeito moito máis dos que non tenhen misericordia porque son igual que os verdugos.

2 rassing

Pois eu fun testemuña directa que un alcalde do BNG que no 1986 pretendia fazer eso mesmo, mas non era da UPG.

4 Farto de veiras

A típica hipocresía de Beiras e AGE. Un día apoian metelos na lista de terroristas de non sei que e ao seguinte denuncian que os deteñen. Beiras só é coherente coas súas mariscadas.

1 Comunista

Os do BnUpG sodes mais de zarzuelas...

2 Quementirosoesrapás

Ti es imbécil, Anova nunca votou nin votará por iso. En canto a IU, falta de información, non máis. Oxalá EU fixese algo de pedagoxía con eles, xa que eles tampouco concordan coa criminalización do independentismo. Podes demostrar a túa falsidade? É típico do auténtico lastre deste país, os nacionalistas de carné que imparten benzóns ou excomuñóns e que levan 35 anos marxinando o nacionalismo e independentismo (chámanos BNG, en realidade BNUPG)

3 Meleradas

O señorito bota unha ventosidade e aparecen os criados ben informados con ambientador. Pero cheira igual. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 Patético

E non esquezades que IU non ten nada que ver con IU ou que os voceiros de IU non falan por IU ou que os votos de IU no pasado non indican o que votara IU no futuro que os lo digo yo

3 Spidercan

Que pasa co anarquismo? Somos xente de ben. Voto e estou afiliado ao PP. Porque declárome anarco-capitalista. Viva a prostitución, viva As Vegas, viva a construcción indiscrinada no litoral. Plantemos pinos e eucaliptos a moreas. VIva o anarco-capitalismo!!!