Os pubs e discotecas que abran en Fin de Ano quedarán excluídos de axudas da Xunta

Para optar ao paquete de compensacións económicas, os negocios deberán baixar o enreixado entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/12/2021 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

Pubs e discotecas poderán abrir en Galicia ata as 03,00 horas da madrugada en Noitevella, aínda que aqueles negocios que decidan funcionar durante todo o fin de semana (entre este xoves día 30 e o domingo 2 de xaneiro) quedarán fóra dun paquete de axudas económicas articuladas pola Xunta que se repartirán en función do tamaño do local.

O dispositivo para o lecer nocturno foi acordada nunha reunión mantida durante máis de tres horas entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e representantes de varios colectivos e asociacións do sector dos pubs e discotecas de Galicia.

Deste xeito, os locais poderán abrir durante Noitevella como máximo ata as 03,00 horas. Aqueles negocios que decidan baixar a persiana entre este xoves día 30 e o domingo 2 de xaneiro poderán optar a un paquete de compensacións económicas que van desde 2.500 a 45.000 euros en función do tamaño do establecemento.

Así, o Goberno galego decidiu ampliar o horario inicialmente anunciado para o lecer nocturno para as próximas semanas. Operarán ata as 03,00 horas, cando a intención da Xunta era que o fixesen ata as 02,00 horas.

Este será o horario ata a semana do 18 de xaneiro, cando as partes están convocadas para volver discutir o funcionamento dos negocios do lecer nocturno que, en palabras do presidente de Galicia de Noche, Luís Diz, manifestou que son o único sector ao que se impuxeron restricións para combater a sexta onda da pandemia.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reúnense con representantes do lecer nocturno. CONCHI PAZ
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reúnense con representantes do lecer nocturno. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta