Temas: UCI CHUS COVID-19

Situación crítica no CHUS: "Non é viable que unha enfermeira leve 5 doentes na UCI"

O persoal sanitario da UCI do CHUS denuncia a falta de persoal e o incumprimento dos protocolos nestes últimos días.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/12/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O persoal sanitario da UCI covid-19 do CHUS denuncia o incumprimento de protocolos e falta de reforzo de persoal na unidade que pode poñer en perigo a saúde dos pacientes nestes últimos días.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

"Debido ó deseño da UCI se estás a atender no cubículo 1 non podes atender ó doente 15 por que deixas de velo. O cubículo 1 dista moitos metros do 15. Nin ves ó doente nin das chegado nun tempo prudencial se lle pasa algo mentres estás dentro doutro cubículo", denuncian fontes de enfermería do CHUS.

Ademais de non ter persoal, tamén denuncian que o novo Plan de Continxencia covid da área sanitaria de Santiago tiña que axustarse á realidade xa que lles parecía unha "aberración" que unha enfermeira puidera levar un doente covid con un non covid ou que a propia enfermeira levara 5 pacientes ao mesmo tempo.

"Dende Preventiva tampouco están a cumplir cós protocolos", explica a testemuña xa que o pasado 24 de decembro púxose fin ao illamento dun doente covid con PCR positiva sen ter pasados os 21 días dende o comezo dos síntomas como di o Ministerio.

Segundo o Ministerio de Sanidade para realizar esa actuación un doente covid de críticos con PCR positiva deben ter pasados 21 días dende o inicio dos síntomas e ademais de ter IgG positivas.

Dende o persoal sanitario da UCI do CHUS queren denunciar a falta de cubiculos que se lles prometera xa que se iba a facer unha obra de ampliación no verán, o incumprimento dos protocolos asinados por parte de Preventiva e a falta de enfermeiras na UCI.

Temas: UCI CHUS COVID-19
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Peplau

A falta de enfermeiras na UCI non é un problema desa unidade senón de todo o hospital e atención primaria o que hai que sumar que nesa unidade case ninguén quere traballar debido as circunstancias que alí ocorren que por todos son coñecidas que levan ocurrindo durante anos O que é crítico é o egoísmo demostrado pola gran parte do persoal da UCI porque é a única forma de que se entende que durante case un ano a atención do paciente COVID crítico recaíse en 60 persoas contratadas con pouco ou ningunha experencia no pacente crítico e que non recibeu ningunha axuda polos seus propios compañeiros. O que fixeron estas persoas é para estar orgullosas porque donde outras non quixeron estar eles si que estiveron e loitaron nunha condicións moi moi duras e difíciles

1 F. Nightingale

É curioso como ante un artículo dedicado exclusivamente a falar da falta de seguridade e benestar dos pacientes, aparecen "compañeiros" encargados de reclamar unha mellora das condicións das mesmas. Tamén é curioso a cantidade de compañeiros con anos de experiencia que traballan en todas as unidades de críticos que se ofreceron a botar unha man aos que sí traballamos nesa unidade.

3 B. Ramazzini

Con respecto as obras estas non se puideron facer no verán por diversos motivos como son unha ola de covid na que chegou ata case a decena de casos críticos covid ou porque ata o 21 de xullo non se adxudicou a obra e ata o 3 de agosto non se firmou. Unha vez firmado remítese un novo plan de obra debido a que os cubículos proxectados eran moi pequenos entre outras cousas. Sorprende que unha folga tan longa que buscaba a reforma da unidade non se preocupase que os cubículos tivesen o tamaño adecuado. Debido a esta corrección houbo que facer unha modificación do expediente de licitación do proxecto xa que case incrementou o custo un 10 %. Como se pode consultar aquí : https://www.contratosdegalicia.gal/... no apartado de resolución

2 B. Ramazzini

Estaría ben que antes de publicar este tipo de noticias intentasen corroborar información: - A retirada de aislamento seguen os protocolos aprobados polo hospital en función dos documentos publicados polo ministerio e diversas organizacións internacionais como OMS/CDC. Se esto é verdade o lugar de denuncia non é un xornal senón un xulgado porque se estaría xogando coa saúde de pacientes e traballadores. - Respecto ao criterio de desaislamiento o que recollen ahí non é de todo certo xa que o criterio de desaislamiento é individualizado. Por exemplo se é inmunodperimido ou non. Tamén hai que ter en conta que hai ocasións non é clara o inicio de síntomas e tense en conta que entre as dúas PCRs haxan pasado 14 días. Hai que ter en conta que un paciente con PCR positiva se o umbral de ciclos do resultado é alto considerase como un negativo porque sería non contaxioso

1 F. Rodriguez

Liberados sindicales del SERGAS y diputados autonómicos a trabajar en los hospitales ya...

1 Ordenyjusticia

A votar PP para hacer España. Eres Francisco, Fernando, Felipe, Facundo, Filiberto, Floro, Florencio, Fabián, Fabio, Fermín, Florentino, Faustino, Fausto... No crees que debía existir un ministerio de salud para todos que gestionase los cuartos públicos entre unas cuantas empresas privadas de la salud? Que cada quién tuviese su atención médica según su capacidad económica. Los diputados autonómicos y los trabajadores de sistemas de salud autonómicos al gran sol y los del ministerio a repartir favores junto con los diputados de las cortes

2 Sentidiño

Ai, a saúde mental! Ao final vai ser que Errejón tiña razón...