A práctica do parapente no Larouco, ameazada polas liñas de alta tensión proxectadas por Iberdrola

O Club de Parapente Baltar rexistra alegacións contra a LAT do Larouco ao consideran que inhabilita a serra do Xurés como zona de aprendizaxe e competición.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/01/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O Culb Parapente Baltar, as federacións galega, estatal e portuguesa e deportistas desta

Práctica do parapente na Serra do Larouco.
Práctica do parapente na Serra do Larouco. | Fonte: remitida

modalidade de Galicia e Portugal veñen de alertar sobre os efectos adversos da construción de novos polígonos eólicos na serra arraiana do Larouco, ao carón do Xurés. Así, sosteñen que a instalación das liñas de alta tensión proxectadas (a LAT de Iberdrola que conectaría a futural central eólica de San Martiño coa subestación da central do Larouco en Xinzo) "imposibilitará" continuar coa práctica deste deporte.

O Culb Parapente Baltar conta co apoio das federacións galega, estatal e portuguesa e dos deportistas e clubs dun e doutro lado da raia, así como o Club Papaventos Montalegre, para as alegacións que presentará esta semana contra a LAT do Larouco, en exposición pública até o día 13 de xaneiro.

“O voo libre é incompatible, en materia de seguridade, coa proximidade de liñas eléctricas,

pois o posible contacto coas devanditos liñas tería consecuencias mortais para o piloto”,

advirten desde o Club Parapente Baltar nas súas alegacións, elaboradas coa colaboración da asociación ecoloxista Petón do Lobo. “Na práctica destes deportes, os voos ocupan un gran espazo aéreo máis alá da area de despegue na busca e aproveitamento de correntes percórrese a montaña a baixa altura sendo esta a parte con mais risco para o piloto”, apuntan.

O club de deportistas califica de "incongruente" a conduta do goberno local, e lamentan que namentres nos últimos anos viña apostando "de maneira decidida" pola promoción da práctica do parapente como atractivo turístico, agora "garde silencio diante da ameaza eólica". Un silencio, afirman, máis alarmante tendo en conta que o Larouco é lugar de referencia na Panínsula para práctica do parapente: escenario da Copa do Mundo (2000 e 2012), o Campionato do Mundo (2003), o British Open 2005), a Copa Ibérica (2005, 2006, 2007, 2009 e 2013), e o Campionato de Europa (2018).

APOIO DE STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA

Stop Eólicos Xurés Celanova presentou o pasado 7 de decembro no Concello de Baltar os 47 escritos de alegacións ao PE San Martiño e unha queixa diante do Defensor del Pueblo,

Ángel Gabilondo, alertando do descoñecemento que a veciñanza portuguesa tiña a respecto do proxecto de central eólica e da obriga do Estado español de informar ao Estado portugués, segundo contemplan os tratados internacionais.

O Defensor contestou que non pode actuar até que a Administración incumpra os seus deberes, polo que a plataforma anunciou que reiterará periodicamente esta mesma queixa. Así mesmo, informa de que compartirá e difundirá as alegacións do colectivo de deportistas do parapente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marcos Gay

E increíble q se permita destruir así un deporte e un entorno