A Xunta calcula en máis de 3 millóns de euros os cartos que deixou en Galicia a rodaxe da serie 'Rapa' de Movistar+

Destaca que "multiplica por dez a contía da subvención concedida".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/01/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A rodaxe de 'Rapa', a nova serie da produtora Portocabo para Movistar+, deixou un gasto en Galicia de máis de 3 millóns de euros, segundo os cálculos realizados pola Xunta. Este luns, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo un encontro co produtor executivo de Portocabo, Alfonso Blanco, no que abordaron o resultado da rodaxe da nova produción dos responsables da exitosa serie 'Hierro'.

Rodaxe da serie 'Rapa'. PORTOCABO
Rodaxe da serie 'Rapa'. PORTOCABO | Fonte: MOVISTAR+

Durante os últimos dous meses, varios concellos da serra da Capelada, no norte da provincia da Coruña, acolleron a rodaxe de 'Rapa', protagonizada por Javier Cámara e Mónica García baixo a dirección de Pepe Coira e Fran Araújo.

'Rapa' é a primeira proposta realizada ao amparo do novo Hub Audiovisual da Industria Cultural da Xunta, que ten na atracción de rodaxes de produtos audiviosuales unha das súas principais vías de actuación.

A través deste programa, a Xunta financia parte da produción a partir duns requisitos mínimos de investimento que van desde o millón de euros para longametraxes a 1,5 millóns para series de ficción.

No caso de 'Rapa', segundo resalta a Administración autonómica, o gasto final da súa rodaxe en Galicia "multiplica por dez a contía da subvención concedida, que se estima superior aos 3 millóns de euros".

A filmación do novo produto de Portocabo, que traballa xa na secuela da película 'Cuñados', concluíu o pasado 21 de decembro. Atrás quedaron dous meses de traballo en varios concellos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal, cuxas paisaxes formarán parte dun thriller que arrinca co asasinato da alcaldesa duha vila galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta