Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 18:38
O grupo Tanxugueiras regresa o 26 de marzo aos escenarios coa presentación da xira 'Midas'. Será na Coruña, onde, segundo a organización, presentará "unha proposta vibrante na que o trío de pandereteiras presenta a nova sonoridad do grupo". Nela, incorpora a interpretación, ao vivo, dos novos sinxelos do grupo, como Terra, Figa, Teo ou Midas.
A presentación terá lugar na Sala Pelícano da Coruña. A cita comezará ás 22,00 horas, aínda que a apertura de portas será unha hora antes. As entradas para o concerto de presentación sairán á venda este mércores 5 de xaneiro. Os menores de 16 anos poderán ir acompañados da súa nai, pai ou titor legal.
O concerto da Coruña supón a presentación ao vivo da xira 'Midas' e, por tanto, do próximo traballo de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, un álbum que se publicará este 2022 e enel que o grupo segue reformulando a música tradicional desde unha óptica contemporánea. Co seu último tema, 'Terra', participarán no Benidorm Fest neste mes de xaneiro. A iniciativa gañadora deste certame, promovido por RTVE, participará en Eurovisión o próximo mes de maio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.