Achan o corpo sen vida da octoxenaria desaparecida en Padrón

A súa desaparición fora denunciada só media hora antes de atopar o cadáver.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2022 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha muller octoxenaria desaparecida foi localizado no río no municipio coruñés de Padrón na noite deste pasado xoves, 6 de xaneiro. Así o informou o 112 Galicia, que indicou que membros do GES de Padrón comunicaron ao servizo de emerxencias o achado moi preto da medianoite.

Segundo indicaron, a muller falecida foi atopada no río, no lugar do Sisto, no concello de Rois. O dispositivo de rastrexo, posto en marcha desde o atardecer, estivo coordinado por axentes da Garda Civil e, desde ese momento, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron na procura da muller.

Ademais dos axentes da Garda Civil e de familiares da muller, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Rois. Con todo, a pesar dos esforzos dos equipos de procura que acudiron ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida, indicaron as mesmas fontes. Fontes do GES de Padrón concretaron a Europa Press que o corpo da muller foi localizado unha media hora despois de recibir o aviso da desapareción desta persoa, de 83 anos.

Río Sar ao seu paso por Padrón
Río Sar ao seu paso por Padrón | Fonte: plancoruna.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta