Vox recorre á xustiza o pasaporte Covid e o toque de queda implantado en Galicia

No pasado mes de xullo, a organización conseguiu que o TC declarara ilegal o confinamento de 2020. Agora, Abascal carga contra as "restricións ridículas" dos "caciques autonómicos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Vox anunciou este venres que presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a orde da Xunta de Galicia que impón a obrigatoriedade do pasaporte Covid e o toque de queda como medidas específicas para frear a onda de contaxios de coronavirus.

"Non imos tolerar máis restricións ridículas nin máis ataques ás liberdades e os dereitos fundamentais por parte dos caciques autonómicos", escribiu a formación liderada por Santiago Abascal na conta oficial de Twitter. Esta mensaxe acompañouno do tuit de Vox Pontevedra que anunciou este recurso contra as medidas "impostas" polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

"Presentamos un recurso a través de @AlvaroJDiazMel1 ante o TSXGalicia contra a Orde do 29 de decembro de 2021 da @SanidadeXunta da @Xunta que establece "medidas específicas a consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en #Galicia".

Segundo indica a formación, o presidente provincial de Vox Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella, presentou un recurso contencioso-administrativo ante o TSXG contra a orde do 29 de decembro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que establece "medidas específicas a consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma, á vez que pide a suspensión cautelar das medidas adoptadas pola Xunta.

Cabe lembrar que en Galicia é obrigatorio o pasaporte Covid para acceder á hostalaría e restauración, lecer nocturno, albergues turísticos, e centros, servizos e establecementos sanitarios.

O presidente de Vox, Santiago Abascal. Ricardo Rubio - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta