Calvos de Randín achégase aos 8º baixo cero e bate marca en Galicia

O rexistro produciuse ás 8:30 horas deste sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Calvos de Randín achegouse aos 8 graos baixos cero nunha fría madrugada en Galicia na que varias zonas rexistraron temperaturas negativas. O punto máis frío da comunidade, segundo os medidores de Meteogalicia, foi Calvos, na fronteira con Portugal. Alí alcanzáronse os -7,9ºC ás 08,30 horas deste sábado.

E é que os termómetros se precipitaron por baixo do cero graos en varios puntos de Galicia, especialmente no sur da provincia.  Localidades como Viana do Bolo (-4,8 ºC), Verín (-4,7 ºC) ou Baltar (-3,8 ºC) alcanzaron as mínimas da xornada por detrás de Calvos.

Frío en Galicia. Europa Press - Arquivo
Frío en Galicia. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta