Galicia suma dez mortos máis con covid-19

A cifra de mortes en Galicia ascende a 2.827 personas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/01/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A pandemia de covid-19 volve cobrarse vidas en Galicia. En concreto, rexistráronse dez falecementos nos dous últimos días de persoas que foran diagnosticadas co coronavirus SARS-CoV-2.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

O día 8 de xaneiro rexistráronse as mortes dunha muller de 80 anos, no CHUS (Santiago de Compostela) un home de 78 anos, no Hospital Fátima de Vigo, dúas mulleres de 83 e 90 anos, no HULA (Lugo) e un home de 77 anos, no CHUVI (Vigo).

O 9 de xaneiro, domingo, as mortes rexistradas foron as dunha muller de 90 anos, no HULA, un home de 91 anos e unha muller de 80 anos, no CHUAC ( A Coruña), e tres falecementos no CHUVI: unha muller e un home de 91 anos, e unha segunda muller de 89 anos.

Todas as vítimas tiñan patoloxias previas. A cifra de mortes desde que se declarou a pandemia vinculadas co coronavirus ascende, en Galicia, a 2.827 personas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta