Os galegos venden madeira para aliviar a crise

Unhas 70.000 familias galegas percibiron un total de douscento oitenta millóns de euros pola venda de madeira á industria transformadora durante o ano 2013, un 29 por cento máis que no exercicio anterior, 2012. A patronal Confemadera di que o monte "sustenta a moitas familias".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"O monte galego consolidouse como aliado das familias galegas para facer fronte á crise". Iso é o que opina a patronal da madeira, Confemadera. Segundo os seus datos, no ano 2013, preto de 70.000 familias cortaron madeira, un 29% máis que o exercicio anterior, o que representa, insiste, "unha cifra histórica en Galicia". 

Camións trasladando madeira cortada
Camións trasladando madeira cortada | Fonte: esmola.wordpress.com

Por estas operacións, o 9% das familias galegas percibiron 280 millóns de euros. Os datos do Informe de resultados de Confemadera Hábitat Galicia 2013 tamén indican que a facturación conxunta da industria da madeira e o moble de Galicia alcanzou os 1.668 millóns de euros, un 2,6% máis que en 2012. "O sector mantivo o emprego con 20.000 directos e 50.000 indirectos", apunta.

Despois de tres anos, a industria inicia unha "lenta recuperación" sustentada nun "leve crecemento do mercado nacional" e no "esforzo das empresas por consolidar os mercados internacionais", segundo apuntou Elier Ojea, presidente de Confemadera Galicia.

Ademais, a patronal da madeira destaca que as exportacións galegas de produtos de madeira sumaron un volume de negocio de 769,9 millóns de euros, un 11,8% máis que en 2012. De feito, ao peche de 2013, Galicia pasou a liderar o ranking de exportacións por comunidades autónomas.

Preocupación porque se corta en leiras pequenas "menos rendibles"

En 2013, o volume de cortes realizas en Galicia ascendeu a 7,8 millóns de metros cúbicos, unha cifra moi similar aos 7,5 millóns de metros cúbicos de 2012. A secretaria xeral de Confemadera Galicia explicou que, a industria "está preocupada" porque esta actividade procede de propiedades forestais "cada vez máis pequenas e menos rendibles para o propietario pero tamén para a industria". 

Por iso, Elier Ojea destacou que "o monte galego é sustento para un número cada vez maior de familias" e fomenta a "creación de riqueza en zonas rurais". Por iso, defendeu que é necesario aplicar políticas activas que contribúan a incrementar a "competitividade das empresas do sector", incentivando a produción, xa que sen madeira "en cantidade e de calidade, a industria non ten razón de ser".

Neste sentido, pediu á Administración que dea respostas aos principais retos do monte: impulsar a produción de madeira mediante selvicultura moderna, xestión forestal conxunta e sustentable. Tamén reclamou que é necesario "clarificar, simplificar e axilizar os trámites administrativos" da actividade forestal e equiparar a norma do transporte forestal á doutros países da UE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 César

Boas. Eu son presidente dunha comunidade de montes das Rías Baixas. O noso monte ten unhas 300 has. Dende hai quince ou vinte anos, veuse levando a cabo un cambio de cultivo introducindo plantacións de castiñeiros, piñeiros e carballos americanos. Este ano mesmo plantamos unhas 4 has máis de castiñeiros. A cuestión é que nestes vinte anos á madeira que se plantou non se lle tirou un peso. Cada vez que fai falla cartos para pagar traballos de silvicultura nesas plantacións hai que tirar de venda de eucaliptos. Esta madeira (frondosa) produce cartos a partir dos 30 ou 40 anos, mentras que o eucalipto xa os dá a partir dos 15. Polo tanto, non hai que demonizar o eucalipto. O monte pode e debe ter de todo, ben ordenado.

1 totalemnte convencido

coñ... por fin alguen con sentidiño comun... por fin unha voz xuiciosa entre os eucalipteros eos ecocastañeiros, cesar na tua entrada explicas de principio a fin aintringulis do tema forestal de galicia, sen lerias tipo depredador nen milonga ecoguachi sostibles que non se teñen, rapas... os meus parabens , notase que sabes do que falas . por certo ollo co tema do roble americano que alguns xa andan ca teima de porque o americano e nono daqui... cando explicas o porque non soen quedar moi convencidos.

7 undamariñadelugo

os que falan mal da madeira è que non teñen un ferrado de monte, ou que son uns mangantes que non queren limpalos. Ben deitamos moitos dos montes para poder ter algo. Os montes son os nosos aforros. Os que tanto faledes è que non tedes nin idea do que vale a madeira e dos postos de traballo que dà.Os que temos montes ben que nos vai, òxalà poidera ter mais. Que vos d...polo...c a todos os que renegades deles

6 Hermerico

Mágoa da crise que nom dá dado cabo da procura de madeira-lixo, para que todos esses ca brons nom tenham a quem vender os seus eucaliptos. Pu ta gentinha do caralho.

5 As contas claras

Imos ver, eu herdei un monte de eucaliptos na banda norte de Galiza, e nin siquer sei onde está, sei que debe estar preto de Ourol. Quixen véndelo e ninguén quere mercalo. Quixen vender a madeira, e entre os descontos do transporte por ser lugar escarpado e de difícil acceso, mais descostos de impostos (dos que non se restan nos nº que da o GC) e queda prácticamente en ren. Mentras tanto na comarca do Ortegal onde vivo, o sector mais dinámico hoxe en día e que mais traballo da, a hostelería, adoece e esmorece por estar inzados de eucalipto, sempre é o primeiro que dín os foráneos...que belo! magoa de tempo e de tanto eucalipto.

4 agoravoueu

Toda a esquerdallada-social-nacionata deste país profesando a súa relixión anti-ecucaliptos. Menos mal que a maioria dos galegos son intelixentes abondo para non lles votar. Se neste país algún día chega a mandar esta xente arruínan o país en dous telediarios. Deus nos libre!

1 Trapalhada

Já nos fizeram o trabalho Rajoy e Feijoo. O Demo os leve!

2 Xistral

Os galegos somos o suficientemente pouco intelixentes por non dicir outra cousa para facer obedientemente o que nos mandan. Son nacionalista e de esquerdas e dáse a casualidade de que tamén teño eucaliptos (bastantes por certo) pero non é o mellor que podíamos facer nin de lonxe. Se os eucaliptos fosen a solución non te enganes amigo agoravoueu que os franceses, alemáns e demais ralea europea non só ían prantalos senón que ían facer todo o posible para que ti non o fixeses, como fan con outras cousas como o leite (precisamente moitos prados e cultivos foron substituídos por prantacións de eucaliptos con unha rendabilidade desde logo moi inferior por hectárea).

3 Xistral

Neste país xa gobernaron polo menos neste sector (SuáreZ Canal) e as cousas comezaban a ir moito mellor no sector a pesar daquelas manifestacións sen pes nen cabeza que fixeron os deste sector ao principio da lexislatura, e que por certo ao final xa ninguén se acordaba diso. Se o bipartito perdeu o goberno foi por outros erros tontos e por un pensamento básico estilo do teu que non ten capacidade para mirar máis alá de dous ou tres anos. Iso é o que nos mata como país.

4 tin

se os eucaliptos diran cartos ao propietario pois ainda ten un pase pero non dan, como dixen antes mellor meter os cartos nun depósito e asi non pasas traballos. Tes que informarte un pouco. Ler, de vez en cando, non está de mais. Agora si falar non ten cancelas