Confrarías de Pontevedra rexeitan á xeolocalización obrigatoria que fixa a UE: "Estamos a sufrir unha continua persecución"

En concreto, censuran que os pesqueiros de entre 12 e 15 metros de eslora que faenan en caladoiro nacional, e que non pasan máis de 24 horas no mar, terán a obrigación de ter instalado un sistema de xeolocalización vía satélite (caixa azul) a partir de xaneiro de 2026.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/06/2025 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

As confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra mostraron o seu rexeitamento "total" ás medidas de control que fixa a UE a partir de 10 xaneiro de 2026, que identifican con "importunar" á frota artesanal na reforma do regulamento da política pesqueira. En concreto, censuran que os pesqueiros de entre 12 e 15 metros de eslora que faenan en caladoiro nacional, e que non pasan máis de 24 horas no mar, terán a obrigación de ter instalado un sistema de xeolocalización vía satélite (caixa azul) a partir de xaneiro de 2026. Ademais, desde xaneiro de 2028, as embarcacións de menos de 12 metros terán que contar cun sistema non fixo que permita a súa localización.

Apuntan que, "independentemente" de que o Ministerio de Pesca vaia conceder axudas para a instalación destes equipos e "sen terse en conta o mantemento durante a súa vida útil", a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra carga contra esta "imposición da UE e secundada polo Goberno de España". "Non se pode máis que protestar e oporse publicamente contra a continua discriminación e persecución que está a sufrir o sector pesqueiro", denuncian nun comunicado este martes. As confrarías pontevedresas advirten de que todas estas medidas que profundan na "burocracia" buscan "desmantelar" as actividades tradicionais da pesca e o marisqueo, á vez que acusan as administracións de lanzar o "bulo" de que buscan unha substitución xeracional.

Pesca artesanal
Pesca artesanal | Fonte: XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta