O presidente da Agrupación do Marisqueo a Pé da confraría Noia, Francisco Pérez, asegura que a manifestación foi "todo un éxito" pola xente "que se achegou".
  comenta   0
Pediu ao goberno galego "que se poña á fronte da situación" e que habilite os recursos necesarios para analizar as causas desta baixada de produción
  comenta   0
Antes da chegada de Ence, Lourizán era unha das parroquias máis prósperas de toda Galicia. Un turismo de moi alto nivel e un próspero sector do marisqueo facían de Lourizán un dos lugares máis desexados da costa galega. Un turismo e unha economía que tiña futuro ata a chegada da papeleira á ría.
O presidente galego lamentou que "agora" o Goberno central "empéñase en que Galicia non xestione o seu litoral"
  comenta   0
O plan de pesca de sardiña para a arte tradicional do 'xeito' fixa un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre de 2023, segundo establece a Consellería do Mar.
  comenta   0
A ría de Arousa está atravesando un momento preocupante en relación á produción marisqueira e capturas de peixe. Segundo algunhas das confrarías, a maioría das estacións depuradoras están obsoletas e xa non cumpren coa súa función. Existen emisarios que verten augas sen depurar e as lamas procedentes de terra adentro, sobre todo en época de incendios, cando son arrastradas polo Ulla, afogan a produción pesqueira a pé e en barco.
  comenta   0
Segundo destaca a Xunta nun comunicado, os datos reflicten a redución da actividade delituosa como consecuencia, remarca, da "presión" por parte da Policía
  comenta   0
Víctor Dios é bateeiro na ría de Arousa. Sen querelo, o seu rostro fíxose recoñecible durante a crise do “Prestige”. Con toda a coraxe que levaba dentro enfrontouse ao presidente da Deputación da Coruña naquel momento, José Luis Torres Colomer. A actitude deste último fixo que a Víctor lle saíse “todo de dentro” e xunto con máis mariñeiros increparon e recriminaron ao presidente provincial a falta de medios para frear a chegada do chapapote ás bateas de mexillón.
  comenta   2
A Xunta defendeu a calidade das augas das rías galegas e dos seus bancos marisqueiros, onde a Administración autonómica apoiou a repoboación de ameixa entre 2010 e 2021 con 200 millóns de unidades de semente nunha superficie de máis de 15 millóns de metros cadrados.
  comenta   0
A Xunta aposta por "avanzar" na igualdade entre mulleres e homes do mar para impulsar o recambio xeracional e a competitividade.
  comenta   0
A Consellería de Pesca volve reservar boa parte dese diñeiro para os medios de comunicación tradicionais de Galicia, que tamén reciben anualmente millóns de euros en publicidade e subvencións.
  comenta   1
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
Así llo trasladou o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, á Confraría de Pescadores da Coruña na reunión telemática celebrada este martes.
  comenta   0
A sentenza é "unha vitoria para o sector marisqueiro galego ante un ataque totalmente arbitrario" do Goberno central, di a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
  comenta   0
Censuran un "continuo deixamento" na resolución de cuestións "de suma importancia" por parte da Dirección Xeral de Pesca da Consellería do Mar.
  comenta   0
O fondo das rías galegas é un colector de lixo. Iso pode verse mediante as accións de limpeza realizadas nelas durante os últimos anos. A recollida de materiais de todo tipo, as verteduras incontroladas e outras accións contaminantes, obrigan agora a levar adiante programas de recollida para permitir recuperar polo menos unha parte da superficie danada.
  comenta   0
A campaña quedou en 147 toneladas, un 43% menos que na última década, e reclama á Administración que tome medidas.
  comenta   0
Na Consellería do Mar aseguran que están pendentes de comprobar o "encaixe legal" da única medida proposta para suavizar a situación das frotas.
  comenta   0
"A falta de relevo xeracional é moi preocupante no futuro", di Miguel Ángel Iglesias, patrón maior de Rianxo. A crecente presenza de "traballos máis modernos" provoca a falta de interese polo mar na xente nova do pobo. A Covid e a crise económica agravan a situación.
  comenta   0
Sentenza que non se sostén a esixencia dun informe estatal preceptivo e que ese plan é "unha competencia exclusiva autonómica".
  comenta   0
Alcaldes e patróns maiores asinaron un acordo polo que piden que a actividade emprazada nesta ría entre no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.
  comenta   0