Volven os temas en galego de Ana Kiro

Deleite prepara un recompilatorio con versións de clásicos da canción galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2022 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Máis dunha ducia de artistas e bandas do panorama musical galego preparan cadansúa versión de temas clásicos da nosa música pop que serán recompiladas no proxecto discográfico 'Puro Deleite'. Deleite, a marca de leite creada por gandeiros impulsora de varias iniciativas de apoio á lingua e cultura galega, colabora na produción deste disco e pretende distribuílo a finais do ano 2022. 

Ana Kiro
Ana Kiro

Neste recompilatorio está previsto que participen artistas como Verto, Ataque Escampe, Familia Caamagno, Radio Océano ou La casa de los ingleses, entre outros que aínda están por desvelar, xuntando talentos emerxentes da música galega con artistas consolidados, e unha variedade de estilos que lles dará unha nova volta a temas míticos de lendas como Ana Kiro, Juan Pardo, Siniestro Total ou Andrés Dobarro. 

Tras a primeira incusión neste proxecto do grupo Verto o pasado mes de xullo coa súa actualización da Muiñeira de Chantada, este Nadal é Ataque Escampe quen estrea novo tema, 'Por última vez': unha versión en galego da canción coa que Ana Kiro participou no Festival de Benidorm no ano 1967. A estrea da versión terá lugar este venres 14.

A banda compostelá explica que escolleu un tema desta artista porque "é unha canción de ruptura moi emotiva e na que Ana soa delicada e poderosa a un tempo. Nós tentamos manter ese espírito, pero adaptamos a letra ao galego con algún pequeno cambio e fixemos tamén algunhas alteracións no musical".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta